Pérez Bouza gaba a unión contra os recortes do PP

O dirixente de Compromiso por Galicia desmente unha noticia de El Mundo e explica porqué defendeu sumarse á 'Syriza galega'. Mentres, xorde a primeira discusión pública entre dirixentes de EU e Compromiso.

Por Walter Burns | Ourense | 07/09/2012 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O dirixente de Compromiso por Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, fai unha valoración positiva da decisión da militancia galeguista de sumarse ao pacto cos irmandiños de Anova e os comunistas de Esquerda Unida.

Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes
Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes | Fonte: periodistasparlamenterios.org

En declaracións a GC, Pérez Bouza argumenta que cómpre canto máis deputados posíbeis no Parlamento para parar as políticas de recortes que fai o PP, ou que no seu caso poida facer o PSOE. O político admite que entre as diferentes forzas que están a piques de formalizar unha "coalición técnica" non hai un "100%" de ideas comús, pero si "acordo no básico para defender o bencomún".

O ex-parlamentario entende que o que demanda a cidadanía é "unidade" nas políticas básicas contra os recortes e "deixar  un pouco á marxe o que máis nos gustaría a cada un agora mesmo". Como exemplo disto, Pérez Bouza pón a masiva resposta cidadá as manifestacións sindicais cando CIG, UXT e Comisións superaron a súas leas e fixeron convocatorias únicas.

Estes son algúns dos argumentos que Pérez Bouza usou que na Asemblea Comarcal de CxG en Ourense onte. Nela apostou pola "coalición técnica" co outro polo no que se reoganizaron os escindidos do Bloque. e EU Esta tese finalmente triunfou entre a militancia galeguista, malia que a maioría dos dirixentes do CxG estaba en contra, como proba que o pacto foi rexeitado no Consello Nacional da fin de semana.

Desmentindo a El Mundo

Por outra banda, Pérez Bouza desmente a noticia publicada por El Mundo. O diario madrileño dixo que unha chamada de Anova ao ex-senador do BNG para ofrecerlle o número 1 das listas por esta provincia foi o que posibilitou que finalmente Compromiso por Galicia apostara por sumarse ao pacto de Anova máis Esquerda Unida. "É rotundamente falso", asegura o ex-senador do Bloque a GC.

No caso de saír derrotada a súa posición e a militancia apostara por ir sós, o político argumenta que el mostrouse disposto a "dar a cara" e "asumir a responsabilidade sexa cal sexa o resultado" de encabezar a lista por Ourense. Cómpre ter en conta que as enquisas coñecidas até hoxe apuntan a que tanto EU como Anova teñen opcións de entrar no Parlamento, mentres que deixan a CxG fóra no Pazo do Hórreo caso de ir sós.

Discusión pública de dirixentes de EU e CxG

EU, Anova e CxG teñen agora por diante a difícil tarefa de organizar unhas listas que reflictan a pluralidade da alianza. Ao respecto Pérez Bouza asegura que non ten ningún interese especial en ser o cabeza de cartel por Ourense, senón que está a dispor do que decida a militancia e o Consello Nacional de CxG.

O que xa se coñece como a "Syriza galega" tamén debe traballar contrarreloxo para presentarlle un programa común a sociedade. Tarefa complicada entre opcións que se recoñecen ideoloxicamente diferentes.

Para mostra, o debate que tiveron está mañá nas redes socias Rubén Pérez Correa, responsábel de EU en Vigo, e Paulo Carlos López, líder das Mocidades Nacionalista Galega. Pérez Correa cualificou de "impresentables" a Compromiso por cambiar a súa postura sobre o pacto a última hora. " E por suposto, todo o meu respecto para a súa organización, o momento require unha alianza por Galicia e o ben común", respondeulle o nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

28 eusi

Está claro que perez bouza non o ten en conta a cúpula que dixo non á entrada na Alternativa cando as bases si querian entrar: a ver canto dura!

27 Roi Xordo

Confirmado o portazo de EU a CxG: ROMA NON PAGA TRAIDORES. No tocante ós beiristas, xa lles chegará a hora, como a Inés Sabanés, a Monica Oltra, ou a ICV, que o PCE évos moito PCE.

1 eusi

O portazo nos nefes vaino levar o bng nas próximas autárquicas. Facendo unha extrapolación da caida de votos só vai sair o Guillado Vazquez

26 livre

O que hai que facer é mandar a tomar polo cu aos españolistas dePayo Lara e ao cipayo de Xoelho

1 outromáis

Ai falaches

2 DigoEu

Aí cagaches.

25 Lucense

É verdade que os de CxG, na reuniom da comarca de Trives, dixerom que havia que usar sempre GALICIA e nunca GALIZA nos comícios e outros actos electorais? E que a razom era a de nom desagradar à audiência (= nom perder votos)? Se assim for, sem comentários...

1 Roi Xordo

Non está d emáis lembrar que a verba patrimonial galega que xorde do latín Gallaecia é Galicia, e non Galiza. Isto é, resulta ser máis galego Galicia que Galiza. Así o explicao profesor Anselmo López Carreira, nada sospeitoso ideolóxicamente.

2 aloitador

En castelan a deriva de Gallaecia poderia ser Gallicia, e de ahí ven o de Gallegos. Polo tanto Galicia esta poboada de Galegos, e Gallicia de Gallegos, iso si, no bo sentido da verba.

3 Alto do Vieiro

Amigo Roi, o professor Lopez Carreira é convicto de furibundo antilusismo, por vezes cai no irracional (que se mire isso). Os que o respeitamos produndamente por outras das suas achegas não podemos negar este aspecto, bem evidente nos seus artigos de Terra e Tempo. Quanto ao nome do país, rogo-te que leias (ainda que for para discordares depois) este trabalho do professor Montero Santalha: http://www.agal-gz.org/pdf/GZe-dito... Obrigado pola tua paciência.

4 Lucense

O professor Carreira já recebeu adequada resposta aos seus dislates lingüísticos e filológicos (uma fobia irracional à ortografia galega, a sua) nas suas intervençoes em Terraetempo. Enfim, para ler algo: http://www.agal-gz.org/modules.php?...

24 Roi Xordo

1º) CxG fica perfectamente definido por un dirixente do PCE: «Son marxistas, pero de Groucho Marx; si no quiere este programa tenemos otro». 2º) Patética a deriva de +G. 3º) Algúns avisamos a tempo, como Casandra.