Pérez Bouza gaba a unión contra os recortes do PP

O dirixente de Compromiso por Galicia desmente unha noticia de El Mundo e explica porqué defendeu sumarse á 'Syriza galega'. Mentres, xorde a primeira discusión pública entre dirixentes de EU e Compromiso.

Por Walter Burns | Ourense | 07/09/2012 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O dirixente de Compromiso por Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, fai unha valoración positiva da decisión da militancia galeguista de sumarse ao pacto cos irmandiños de Anova e os comunistas de Esquerda Unida.

Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes
Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes | Fonte: periodistasparlamenterios.org

En declaracións a GC, Pérez Bouza argumenta que cómpre canto máis deputados posíbeis no Parlamento para parar as políticas de recortes que fai o PP, ou que no seu caso poida facer o PSOE. O político admite que entre as diferentes forzas que están a piques de formalizar unha "coalición técnica" non hai un "100%" de ideas comús, pero si "acordo no básico para defender o bencomún".

O ex-parlamentario entende que o que demanda a cidadanía é "unidade" nas políticas básicas contra os recortes e "deixar  un pouco á marxe o que máis nos gustaría a cada un agora mesmo". Como exemplo disto, Pérez Bouza pón a masiva resposta cidadá as manifestacións sindicais cando CIG, UXT e Comisións superaron a súas leas e fixeron convocatorias únicas.

Estes son algúns dos argumentos que Pérez Bouza usou que na Asemblea Comarcal de CxG en Ourense onte. Nela apostou pola "coalición técnica" co outro polo no que se reoganizaron os escindidos do Bloque. e EU Esta tese finalmente triunfou entre a militancia galeguista, malia que a maioría dos dirixentes do CxG estaba en contra, como proba que o pacto foi rexeitado no Consello Nacional da fin de semana.

Desmentindo a El Mundo

Por outra banda, Pérez Bouza desmente a noticia publicada por El Mundo. O diario madrileño dixo que unha chamada de Anova ao ex-senador do BNG para ofrecerlle o número 1 das listas por esta provincia foi o que posibilitou que finalmente Compromiso por Galicia apostara por sumarse ao pacto de Anova máis Esquerda Unida. "É rotundamente falso", asegura o ex-senador do Bloque a GC.

No caso de saír derrotada a súa posición e a militancia apostara por ir sós, o político argumenta que el mostrouse disposto a "dar a cara" e "asumir a responsabilidade sexa cal sexa o resultado" de encabezar a lista por Ourense. Cómpre ter en conta que as enquisas coñecidas até hoxe apuntan a que tanto EU como Anova teñen opcións de entrar no Parlamento, mentres que deixan a CxG fóra no Pazo do Hórreo caso de ir sós.

Discusión pública de dirixentes de EU e CxG

EU, Anova e CxG teñen agora por diante a difícil tarefa de organizar unhas listas que reflictan a pluralidade da alianza. Ao respecto Pérez Bouza asegura que non ten ningún interese especial en ser o cabeza de cartel por Ourense, senón que está a dispor do que decida a militancia e o Consello Nacional de CxG.

O que xa se coñece como a "Syriza galega" tamén debe traballar contrarreloxo para presentarlle un programa común a sociedade. Tarefa complicada entre opcións que se recoñecen ideoloxicamente diferentes.

Para mostra, o debate que tiveron está mañá nas redes socias Rubén Pérez Correa, responsábel de EU en Vigo, e Paulo Carlos López, líder das Mocidades Nacionalista Galega. Pérez Correa cualificou de "impresentables" a Compromiso por cambiar a súa postura sobre o pacto a última hora. " E por suposto, todo o meu respecto para a súa organización, o momento require unha alianza por Galicia e o ben común", respondeulle o nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

22 Todos os das cunetas

Resposta a OBSERVADOR. Estou dacordo co que dis e iso que eu non me caso con ninguén, pois teño votado ao bloque ainda que me utilizaron e logo cando me revelei me fastidiaron ben. Pero sempre tiven moi claro quen é o inimigo. Ben sei que todo está coutado con rede de espiños, pero se non saímos ao campo nunca racharemos o aramio. Se ficamos quedos ou desunidos, seremos tan insignificantes que a dereita franquistanon lle importará chegar á liquidarmonos físicamente se a maioría se lles sobe aínda máis ao caletre. Ogallá houbera outra altenativa, pero seica serve de algo o papel do BNG no Parlamento de cartón? Non. Pero ao mellor algún día si. E servirá de algo a entrada de Beiras? Pois non o sei. Pero ao mellor acerta co zapato. Algo hai que facer para algún día CONFLUIR e xuntos darlle unha viraxe a esta democraCÏA.

1 Observador

Comentario ben ponderado o teu. Comprendo os teus motivos ainda que non comparta as tuas esperanzas. De todolos xeitos coidado porque de boas intencións está pavimentado o camiño do inferno. De todolos xeitos sorte, porque eu non vos vexo coma inimigos...non vos vexo coma inimigos porque imos arrasar con vós. É broma... o tempo dirá, sorte.

21 Shin Chan

PP - 34 PSOE - 24 A BOOOMBA - 9 BNG - 8 De boa tinta, de lura da ría.

1 Analisis Shinchan

Sei xa de dous votantes de sempre de IU que non van votar esta vez porque vai Beiras, un deles vai votar Bloque o outro PSOE ou abstención. E a fuxida de moitos militantes beiristas despois do pacto con IU tampouco augura nada bo. Pero igual sacades moitos votantes fora do que sería a vosa base natural.

20 pjrngw

Ave María purísima. Queridos hermanos: Este ministro del Señor quiere deciros que despejéis vuestra mente, confiando en Dios y pensando en el bien de nuestra patria y de la región gallega, y no dudéis en confiar vuestro voto a ese aventajado discípulo de don Manuel Fraga, ex ministro del Caudillo, Albertito Núñez Feijoo, que es un chico muy trabajador, buen cristiano y que promete grandes cosas en la política, tanto gallega como nacional, pues Dios le ha dado ese don. Os pido que no prestéis oídos a los cantos de sirena de los partidos de izquierdas o separatistas que, guiados por Satanás, no piensan más que en el mal de España y jamás han sido fieles a los Principios Fundamentales del Movimiento. Oremos, pues, por el triunfo electoral del PP, por la salvación de España y por el encarcelamiento de Julian Assange, para que podamos vivir siempre libres de pecado y protegidos de toda masturbación. Palabra de Dios.

19 Observador

A miña opción é BNG, mais respeto todalas outras, cada un que vote o que queira. Mais hai algo que me mosquea moito...algúns pensades que por votar ao Bloque ou as outras forzas van cambear significativamente as cousas? Que non os move un afan oportunista electoral? E non o digo porque non teñan intención de facelo, senon porque neste sistema e actual coiuntura económica teñen as mans atadas. De ser así estase a xogar cos sentimentos i esperanzas do pobo que o está a pasar moi mal. O Servizo de Saúde de Andalucia dependente do goberno do que forma parte IU, vai despedir a 5.000 traballadores.