Pérez Bouza gaba a unión contra os recortes do PP

O dirixente de Compromiso por Galicia desmente unha noticia de El Mundo e explica porqué defendeu sumarse á 'Syriza galega'. Mentres, xorde a primeira discusión pública entre dirixentes de EU e Compromiso.

Por Walter Burns | Ourense | 07/09/2012 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O dirixente de Compromiso por Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, fai unha valoración positiva da decisión da militancia galeguista de sumarse ao pacto cos irmandiños de Anova e os comunistas de Esquerda Unida.

Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes
Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes | Fonte: periodistasparlamenterios.org

En declaracións a GC, Pérez Bouza argumenta que cómpre canto máis deputados posíbeis no Parlamento para parar as políticas de recortes que fai o PP, ou que no seu caso poida facer o PSOE. O político admite que entre as diferentes forzas que están a piques de formalizar unha "coalición técnica" non hai un "100%" de ideas comús, pero si "acordo no básico para defender o bencomún".

O ex-parlamentario entende que o que demanda a cidadanía é "unidade" nas políticas básicas contra os recortes e "deixar  un pouco á marxe o que máis nos gustaría a cada un agora mesmo". Como exemplo disto, Pérez Bouza pón a masiva resposta cidadá as manifestacións sindicais cando CIG, UXT e Comisións superaron a súas leas e fixeron convocatorias únicas.

Estes son algúns dos argumentos que Pérez Bouza usou que na Asemblea Comarcal de CxG en Ourense onte. Nela apostou pola "coalición técnica" co outro polo no que se reoganizaron os escindidos do Bloque. e EU Esta tese finalmente triunfou entre a militancia galeguista, malia que a maioría dos dirixentes do CxG estaba en contra, como proba que o pacto foi rexeitado no Consello Nacional da fin de semana.

Desmentindo a El Mundo

Por outra banda, Pérez Bouza desmente a noticia publicada por El Mundo. O diario madrileño dixo que unha chamada de Anova ao ex-senador do BNG para ofrecerlle o número 1 das listas por esta provincia foi o que posibilitou que finalmente Compromiso por Galicia apostara por sumarse ao pacto de Anova máis Esquerda Unida. "É rotundamente falso", asegura o ex-senador do Bloque a GC.

No caso de saír derrotada a súa posición e a militancia apostara por ir sós, o político argumenta que el mostrouse disposto a "dar a cara" e "asumir a responsabilidade sexa cal sexa o resultado" de encabezar a lista por Ourense. Cómpre ter en conta que as enquisas coñecidas até hoxe apuntan a que tanto EU como Anova teñen opcións de entrar no Parlamento, mentres que deixan a CxG fóra no Pazo do Hórreo caso de ir sós.

Discusión pública de dirixentes de EU e CxG

EU, Anova e CxG teñen agora por diante a difícil tarefa de organizar unhas listas que reflictan a pluralidade da alianza. Ao respecto Pérez Bouza asegura que non ten ningún interese especial en ser o cabeza de cartel por Ourense, senón que está a dispor do que decida a militancia e o Consello Nacional de CxG.

O que xa se coñece como a "Syriza galega" tamén debe traballar contrarreloxo para presentarlle un programa común a sociedade. Tarefa complicada entre opcións que se recoñecen ideoloxicamente diferentes.

Para mostra, o debate que tiveron está mañá nas redes socias Rubén Pérez Correa, responsábel de EU en Vigo, e Paulo Carlos López, líder das Mocidades Nacionalista Galega. Pérez Correa cualificou de "impresentables" a Compromiso por cambiar a súa postura sobre o pacto a última hora. " E por suposto, todo o meu respecto para a súa organización, o momento require unha alianza por Galicia e o ben común", respondeulle o nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

18 Shin Chan

BOOOOOOOMBA!

1 King Beiras

Booooooommmmba (sensual) un movimiento sensual (sensual) un movimiento muy sexy (sexy) aqui...

2 King España Beiras

Suavecito para abajo, para abajo, para abajo...

3 Shin Chan

...suavecito para arriba, para arriba.

4 Dom Omar

Oi Oi Oi, oi oi oi E para quebrar o kuduro, nós Dançar kuduro Oi Oi Oi, oi oi oi SEJA Loire ou marrom, kuduro equilíbrio vin Oi Oi Oi

17 xOsse

Aínda a risco de que me cualifiquen de trol upegallo ou pepegallo... este seño non era quen dicía que non volvería participar nunha fronte de partidos? Agardo que se manteña lonxe, o máis lonxe posible da nova organización para que poida prosperar o proxecto

1 Teresa

Hai máis moendo do revés.

2 Observador

xOsse, non fai falla que te identifiques para que se vexan as tuas boas intencións. Polo desprendido dos teus comentarios anteriores ti tes de upegallo o que Pérez Bouza ou Lopez Rico teñen de anti capitalistas.

16 DigoEu

Xa están aquí os "imbéciles e escuros" que queren intoxicar e botar abaixo todo o que plantexe en serio desbancar o PP do goberno. Son no fondo os servidores do bipartidismo ou monopartidismo PP-PSOE, aínda que en Galiza sexa o PP o principal problema debido á idio-t-sincrasia da nosa xente. Serven a ese eterno goberno da dereita de sempre aínda que, iso si, disfrazados de nacionalistas e dos "verdadeiros defensores de Galiza". Se o BNG quixese unidade para cambiar o goberno galego e para transformar Galiza en algo moito mellor, buscaría e non rexeitaría a unidade coas demais forzas políticas galegas de esquerda. Non o fai porque a UPG non quere, e sobre por que non quere cada un pode especular o que queira, xa que eles dan pé a elo.

15 nacionalista

hahahaha a verdade é que cando menos é pavero ver o espectáculo que están a dar esta amalgama de siglas e "ideas"?. Coido que o que hai é moito personalismo e poucas ideas. Por iso se foron algúns do BNG, que ao final, está a demostrar que son moito máis serios do que estos oportunistas dixeron no seu día. E como din no BNG, ao final serán a única opción nacionalsita o 21-O. Eu apoiareinos, dende logo. Estes outros o único que fan é facerlle un gran favor ao PP.

14 eusi

Dedicarlle un apartado da notica para desmentir as mentiras do subMundo parécem excesivo: todos sabemos como traballa o director de ese panfleto, e non quero citar outros papeis que se len na Galiza! Noutra orde de cousas, os de EU deberían comezar a saber estar e saber falar, pois o neniño de Vigo parece que lle importa máis a desunión cá unión.