Pérez Bouza gaba a unión contra os recortes do PP

O dirixente de Compromiso por Galicia desmente unha noticia de El Mundo e explica porqué defendeu sumarse á 'Syriza galega'. Mentres, xorde a primeira discusión pública entre dirixentes de EU e Compromiso.

Por Walter Burns | Ourense | 07/09/2012 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

O dirixente de Compromiso por Galicia en Ourense, Xosé Manuel Pérez Bouza, fai unha valoración positiva da decisión da militancia galeguista de sumarse ao pacto cos irmandiños de Anova e os comunistas de Esquerda Unida.

Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes
Xosé Manuel Pérez Bouza cando recolleu o premio ao 'Senador Revelación' que otorga a prensa que informa dende as Cortes | Fonte: periodistasparlamenterios.org

En declaracións a GC, Pérez Bouza argumenta que cómpre canto máis deputados posíbeis no Parlamento para parar as políticas de recortes que fai o PP, ou que no seu caso poida facer o PSOE. O político admite que entre as diferentes forzas que están a piques de formalizar unha "coalición técnica" non hai un "100%" de ideas comús, pero si "acordo no básico para defender o bencomún".

O ex-parlamentario entende que o que demanda a cidadanía é "unidade" nas políticas básicas contra os recortes e "deixar  un pouco á marxe o que máis nos gustaría a cada un agora mesmo". Como exemplo disto, Pérez Bouza pón a masiva resposta cidadá as manifestacións sindicais cando CIG, UXT e Comisións superaron a súas leas e fixeron convocatorias únicas.

Estes son algúns dos argumentos que Pérez Bouza usou que na Asemblea Comarcal de CxG en Ourense onte. Nela apostou pola "coalición técnica" co outro polo no que se reoganizaron os escindidos do Bloque. e EU Esta tese finalmente triunfou entre a militancia galeguista, malia que a maioría dos dirixentes do CxG estaba en contra, como proba que o pacto foi rexeitado no Consello Nacional da fin de semana.

Desmentindo a El Mundo

Por outra banda, Pérez Bouza desmente a noticia publicada por El Mundo. O diario madrileño dixo que unha chamada de Anova ao ex-senador do BNG para ofrecerlle o número 1 das listas por esta provincia foi o que posibilitou que finalmente Compromiso por Galicia apostara por sumarse ao pacto de Anova máis Esquerda Unida. "É rotundamente falso", asegura o ex-senador do Bloque a GC.

No caso de saír derrotada a súa posición e a militancia apostara por ir sós, o político argumenta que el mostrouse disposto a "dar a cara" e "asumir a responsabilidade sexa cal sexa o resultado" de encabezar a lista por Ourense. Cómpre ter en conta que as enquisas coñecidas até hoxe apuntan a que tanto EU como Anova teñen opcións de entrar no Parlamento, mentres que deixan a CxG fóra no Pazo do Hórreo caso de ir sós.

Discusión pública de dirixentes de EU e CxG

EU, Anova e CxG teñen agora por diante a difícil tarefa de organizar unhas listas que reflictan a pluralidade da alianza. Ao respecto Pérez Bouza asegura que non ten ningún interese especial en ser o cabeza de cartel por Ourense, senón que está a dispor do que decida a militancia e o Consello Nacional de CxG.

O que xa se coñece como a "Syriza galega" tamén debe traballar contrarreloxo para presentarlle un programa común a sociedade. Tarefa complicada entre opcións que se recoñecen ideoloxicamente diferentes.

Para mostra, o debate que tiveron está mañá nas redes socias Rubén Pérez Correa, responsábel de EU en Vigo, e Paulo Carlos López, líder das Mocidades Nacionalista Galega. Pérez Correa cualificou de "impresentables" a Compromiso por cambiar a súa postura sobre o pacto a última hora. " E por suposto, todo o meu respecto para a súa organización, o momento require unha alianza por Galicia e o ben común", respondeulle o nacionalista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

13 Adolfo Bermúdez

Centro-dereita, socioliberais,, socialdemócratas, nacionalistas galegos, nacionalistas españois, comunistas, altermundistas, ecoloxistas... Unha cousa é a diversidade e outra a incoherencia e falta de cohesión ideolóxica. Non todo vale para entrar no Hórreo. Acción Galega debería liscar de aí e unirse con TEGA.

1 eusi

Todo vale para salvar o pouco estado do benestar que nos resta e sobre todo para desbancar ao PPaifoquismo das suas poltronas sempiternas: que vaian aprendendo que nada é para toda a vida ainda que leven 80 anos mandando en Galiza.

2 Comunista

tisi que non tes p. idea de como funciona o sistema capitalista, si cres que vas salvar o estado de benestar por votar a 4 oportunistas. EU está no goberno andaluz que despideu esta semana a 5.000 traballadares. A diferenza está en que agora estos lle botan as culpass a Rajoy. Só con moita concencia de clase e loita orgaizada podese revertila situación, e todo este pastiche interclasista vai en contra de iso.

12 cIENFUEGOS

EU ESTUVEN NA ASAMBLEA DE OURENSE E PODO AFIRMAR QUE "EL MUNDO",MINTE,PEREZ BOUZA PUOSE A DISPOSICION DA ASAMBLEA NO QUE ESTA ACORDASEContrincantes da UPG mirade o enemigo a vater e o PP SI PENSADES EN GALIZA SI PENSADES NOS CARGUIÑOS ENTON SOMOS TODOS

11 cIENFUEGOS

Como respondera a nova no caso que o dia 13 EU reseite a sua militancia ir con CXG.¿ Profrira o BEIRAS A UN PARTIDO ESPAÑOLISTA E COMUNISTA A OUTRO GALEGUISTA E SOCIALDEMOCRATA?

1 eusi

Pois xa se verá, pero todos coinciden no básico: recuperar o estado do benestar e botar ao PP

10 Situacion cambiante

Hai que borrar esta nova! IU cambiou de opiníon e di que non vos quere. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09...

1 Pataleto

Ya está la fontanería upegalla con sus tristres manipulaciones baratas, esta vez apoyandose en el diario español El Pais. Lo que ha dicho EU es que primero cerrará el pacto con ANOVA y depues con el resto. La noticia de GC está perfectamente redactada y no hay que cambiar nada. Ruego a los ciberpaquiños que no enloden el foro.

2 eusi

a quen non queremos os leitores son a trolls coma ti: vaille pedir un postiño ao bng nos poucos sitios que está a governar

3 Rectifico enton

Tamén o andan dicindo os de IU polo tuiter e cousas disas. Pero teredes vos razon xa parecía raro que metesen a seita Partido Humanista e vos non lles sirvades.

4 anti trolls

O que pasa é que como sempre en IU que di unha cousa aqui e o contrario nos Madriles capital das Ex pañas.

9 votante

Gracias anticipadas a todos os comentaristas, supostamente do BNG como eles afirman, que lle están a facer propaganda de balde á nova coalición electoral. Que gasten o seu tempo en falar desta colalición e non en en defender a súa fronte é algo que non hai cartos que o pague. Xunto con Rueda conseguirán encher o horreo de votos para este novo proxecto que se ofrece ao voto de galegas e galegos.