Un estudo confirma que a contaminación xa afectaba ás persoas da época romana

Segundo a directora desta investigación, Olalla López Costas, a minaría e a metalurxia masivas deses séculos "reflíctense á perfección nos ósos das persoas que viviron nese ambiente contaminado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2020 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Investigadores da USC descubriron que a contaminación ambiental xa afectaba a vida das persoas hai 2.000 anos, como permite determinar a análise de esqueletos da época romana e medieval no noroeste da península.

Segundo a directora desta investigación, Olalla López Costas, a minaría e a metalurxia masivas deses séculos "reflíctense á perfección nos ósos das persoas que viviron nese ambiente contaminado". "Os --esqueletos dos-- habitantes de época romana tiñan contidos de chumbo e mercurio dúas veces superiores aos da época medieval inmediatamente posterior, con independencia da idade ou o sexo dos individuos", apunta.

Isto implica que toda a poboación estivo suxeita a esta contaminación e que esta chegaba principalmente por vía aérea, sen relación estreita, por tanto, cos seus modos de vida ou alimentación. Esta investigación permitiu confirmar, ademais, o que no seu día apuntaron os rexistros de metais tóxicos, como o chumbo, nas turbeiras de Xistral en Lugo: o período romano "presentou un clímax na contaminación atmosférica debido á intensa actividade mineira e metalúrxica que tivo lugar no noroeste, como nas Médulas e noutras rexións de España".

O estudo, publicado na revista Science of the Total Enviroment, indica que hai individuos romanos que presentan ata un 85% de chumbo nos seus ósos procedente de contaminación, mentres que en época medieval, cando baixa a actividade, tamén o fan os sinais nos esqueletos. Para iso, empregáronse restos dun xacemento afastado de grandes focos de minaría, o da Lanzada.

Unha investigación confirma que a contaminación xa afectaba as persoas en época romana.. USC
Unha investigación confirma que a contaminación xa afectaba as persoas en época romana.. USC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta