Temas: SADA

O concelleiro de Sadamaioría Francisco Montouto deixa a política por motivos persoais

Será substituído pola número oito da lista, Marisa Rúa.

Por E.P. | A CORUÑA | 21/01/2020 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

O concelleiro de Sadamaioría Francisco Montouto anunciou este martes a súa decisión de deixar a política por "cuestións persoais", o que implica a súa renuncia como edil no Concello de Sada, segundo informa esta formación.

Nun comunicado, Sadamaioría agradece "o esforzo e dedicación" do seu concelleiro, que asumiu labores de goberno no ano 2015, "feito que propiciou, entre outras cousas, que o Concello de Sada conte por vez primeira na súa historia cun Plan Xeral de Ordenación Municipal", remarca.

No lugar de Montouto, entra na corporación como concelleira Marisa Rúa, número oito da candidatura de Sadamaioría nas pasadas eleccións de maio de 2019, tras a renuncia por cuestións laborais de Jose Ramón Callejo, número sete da lista. A nova edil asegura encarar esta nova etapa "con forza e ilusión" e co obxectivo "facer un pobo máis solidario, diverso e próximo".

O concelleiro de Sadamaioría Francisco Montouto     SADAMAIORÍA
O concelleiro de Sadamaioría Francisco Montouto SADAMAIORÍA | Fonte: Europa Press

Temas: SADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta