O presidente da Academia de Ciencias pide un pacto en Galicia pola ciencia

Juan M. Lema Rodicio pide unha reflexión "política, social e empresarial" ao redor da "necesidade" de que exista un "pacto de país".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2020 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), Juan M. Lema Rodicio, fixo un chamamento a levar a cabo unha reflexión "política, social e empresarial" ao redor da "necesidade" de que exista un "pacto de país pola ciencia" en Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na apertura do curso da Real Academia Galega Ciencias. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na apertura do curso da Real Academia Galega Ciencias. XUNTA | Fonte: Europa Press

Lema Rodicio pronunciou estas palabras durante a súa intervención na apertura do ano académico da RAGC,  celebrado na tarde deste martes e ao que asistiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais de dar comezo ao curso coa lección maxistral 'A xeoloxía e o cambio climático' a cargo de Juan Ramón Vidal Romaní, a xornada deste martes tamén supuxo o ingreso na RACG de cinco novos académicos: Luís Liz, Xosé Ramón Bustelo, Aníbal Figueiras, Beatriz González e Manuel de León.

Durante o seu discurso, o presidente da academia advertiu de que "a produción e impacto científico" das universidades galegas evouciona "a un ritmo moito menor" en comparación coas do norte de Portugal.

Lema Rodicio advertiu que o norte do país luso "duplica" o impacto da investigación das universidades galegas mesmo cun menor número de profesores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta