A Policía Autonómica realizou en 2019 máis de 8.700 inspeccións relacionadas con menores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica realizou ao longo de 2019 un total de 2.925 dispositivos nos que levou a cabo 8.718 inspeccións nas que se identificou a 3.758 persoas e tramitáronse 379 denuncias por infraccións.

Así figura no informe analizado este xoves polo Consello da Xunta e do que deu conta a Administración autonómica, que detallou que, en materia de prevención da venda de alcol e tabaco a menores, inspeccionáronse 5.641 establecementos, dos cales 895 fixéronse de forma específica para vixiar a presenza de menores de idade en salóns de xogo e salas de apostas.

Como resultado das inspeccións, ademais, levantáronse 369 actas de infracción, 348 delas por incumprir a Lei 11/2010 de prevención ou consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, así como por infraccións da Lei 28/2005 de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo.

As 21 denuncias restantes corresponden á presenza de menores nos establecementos e locais recreativos e salas de apostas que prohibe a Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

Botellón
Botellón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta