Miguel Barros confirma a súa entrada en Compromiso por Galicia

O histórico militante galeguista do PSOE e home de confianza da Construtora San José en Xornal de Galicia e A Nosa Terra dá unha rolda de prensa canda Xoán Báscuas.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/09/2012 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

Miguel Barros comparecerá esta tarde en Santiago canda Xoán Báscuas na rolda de prensa na que o líder de Compromiso anunciará a súa presentación ás primarias abertas desta formación.

Miguel Barros
Miguel Barros

A adhesión de Miguel Barros é relevante por dous factores. En primer lugar, Barros é o máis coñecido dunha xeración de militantes do PSOE que abandonaron os socialistas cando estes deron no pasado un xiro centralistas.

En segundo lugar, Barros actuou como representante do construtor Jacinto Rey nas súas fracasadas aventuras mediáticas en A Nosa Terra e Xornal de Galicia.

O dono do Grupo San José situou a Barros como o seu home de confianza nestas dúas compañías xornalísticas, hoxe liquidadas e cuxos contidos seguen innacesíbeis na Internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 45 comentarios

17 AlexandreP

O incomprensible é que unha figura da súa valía estivera fora da politica activa. Desde logo un acerto. Parabéns a Comprimiso. Ese é o camiño

16 Pardo de Cela

Eu confio plenamente em CxG que pouco a pouco serám os únicos capaces de fazer evoluir a este pais... AS ESQUERDINHAS ESTAS JÁ DEMOSTRAROM A SUA COMPETENCIA COM BEIRAS A CABEZA POR CERTO... E AHÍ TEDES O ESTADO DO PAIS...

15 Artur REGUEIRA

TAMÉN É COÑECIDO POR DEIXAR NA ESTACADA A MOITOS PEQUENOS ACCIONISTAS (EU UN DELES: 1000 EUROS EN ACCIÓNS DE A NOSA TERRA), QUE ESTAMOS Á ESPERA DUNHA EXPLICACIÓN AO FIASCO, AINDA QUE SEXA POR CARTA (CANDO SE TRATABA DE LUCIR-SE COMO PRESIDENTE OU CONSELLEIRO DELEGADO- ESTE CREO QUE ERA O EIRÉ -BEN QUE LLE DABA ÁS MISIVAS DO ESTILO FAREMOS UNHA GRANDE EMPRESA PARA UN GRANDE PAIS, COMA SE ESTIVESEMOS EN CATALUNYA, E OUTRAS CHORRADAS....CON EMPRESARIOS DESTA CALAÑA COMPROMISO VAI DE CÚ E EU ACLARO O MEU VOTO AO SR. BEIRAS.

1 Cabalo de Troia!

MENOS TROLAS ARTURITO!!

14 O Príncipe dos Mouros

Agora que xa marcharon os ecogaleguistas, que imitando ás plantas, van cara o sol que máis quenta, poderiades ir quitando iso dos "dereitos de Palestina" das vosas bases, que non sei que pinta aí. Xa hai un estado de etnia e lingua palestinas, creado en 1920, que é Xordania, producto da división da Palestina británica [Israel + Xordania]. O outro país á beira do Xordán é o fogar do pobo de Israel, uns verdadeiros ecogaleguistas, que ergueron un país do deserto de Xudea, o mar Morto e pozas fedorentas infestadas de malaria, onde non medraba a herba e nin vivía nin Cristo, e o converteron nun lugar marabilloso! Eles si que saben! Mmm... Que inspiración! :)

1 DANTON

Esta propaganda chega tarde e deixa ver admiración pola deriva reaccionaria do Estado de Israel e desprezo pola lexislación internacional. O seu prodereitismo israelita é, na práctica, alti xudeu.

2 O Príncipe dos Mouros

Hahaha. Cantos estados árabes integran as Nacións Unidas? Se ti foses Israel, obedecerías as ordes do teu inimigo? :)

13 Branco e en botella

Ben, comeza a facer efecto contundente a entrada do señor Barros en CxG. Outro éxito máis do tandem Bascuas/elefante branco do galeguismo...Os ecogaleguistas abandonan Compromiso e acordan integrarse en Alternativa Galega: http://praza.com/politica/1974/os-e...

1 Eu mesmo

Os eco-incoherentes, ou non?

2 Ti mesmo

Os catro eco cabalos de troia?

3 Carlos Coruña

Toda baixa ou renuncia a participar en Compromiso é mala nova pero antes de falar de "efectos contundentes" hai que ter en conta que o peso da afiliacion de Ecos en CxG é moi baixo...Meu deus, como se Ecos foran o 80% da militancia