A pensión media galega sobe un 1,6% en xaneiro, pero segue sendo das máis baixas do Estado

É agora de 847 euros, case 150 euros menos que a media estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2020 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

A pensión media galega subiu un 1,6% en xaneiro de 2020 en comparación co mesmo mes do ano anterior, ata situarse en 846,9 euros, segundo os datos que publica o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Esta cifra é a segunda máis baixa entre comunidades, só con Extramadura con peores datos (830,18 euros). Galicia está 149,74 euros por baixo da media española (996,73 euros). A Comunidade galega conta con 767.241 pensionistas.

A pensión por xubilación está de media en Galicia en 962,39 euros, 182,31 euros por baixo do que se percibe no Estado (1.144,61 euros) e percíbena 480.483 persoas.

A viuvez está nos 603,4 euros, 111,5 euros menos que a media española e é percibida por 186.624 galegos. Pola súa banda, a de incapacidade permanente está en Galicia nos 884,21 euros (con 69.972 persoas). Así mesmo, a de orfandade está en 400,67 euros (con 23.530 perceptores), mentres que a pensión en favor de familiares é de 517,97 euros (con 6.632 persoas).

Ademais, en Galicia hai 230.580 pensións con complemento a mínimos. Son o 30,1% do total en Galicia (supoñen o 37,1% do total de pensións de mulleres e o 21,9% no caso dos homes), unha taxa seis puntos por encima da media española.

Evolución da pensión en Galicia
Evolución da pensión en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta