A Xunta non ve "ambientalmente viable" o proxecto de parque eólico Varilongo

O Goberno galego si dá o visto bo ambiental á liña de alta tensión desde o parque de Monteagudo ata Morás.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2024 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a declaración de impacto ambiental desfavorable do proxecto de parque eólico Varilongo, situado entre os concellos coruñeses de Santa Comba e Coristanco. A iniciativa, promovida por Ecovital Renovables, non alcanzou o visto e prace ambiental da Xunta de Galicia, ao considerarse que a actuación proxectada non é "ambientalmente viable". Todo iso polos impactos sinérgicos "acusados" que tería sobre o patrimonio natural e a biodiversidade, segundo resolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Cllimático.

Pola súa banda, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería si declarou ambientalmente viable o proxecto da liña de alta tensión a 66 quilowatts desde a subestación do parque eólico Monteagudo ata a subestación de Morás, nos concellos coruñeses de Arteixo, Carballo e A Laracha.

Esta iniciativa, promovida por Eólicos Breogán, conta co visto bo ambiental, despois de que este luns o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicase a súa declaración de impacto ambiental. A pesar de todo, a Xunta establece unha serie de requisitos para que poida ser favorable, entre os que se atopan aspectos como cubrir cunha lona os camións que transporten terra para non xerar po, a xestión dos residuos xerados conforme á lexislación ou a redución ao "estritamente necesario" da eliminación de vexetación, entre outros moitos aspectos.

Ademais, o DOG tamén publicou o arquivo do expediente do parque eólico Torroña I, cancelando a garantía económica depositada por Desenvolvementos Renovables do Norte para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede.

Así, denégase a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, a declaración de utilizada pública e a aprobación do proxecto sectorial desta iniciativa, que se situaría entre os concellos pontevedreses de Baiona, Oia e Tomiño, tras a súa declaración de impacto ambiental desfavorable.

Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá.
Varios aeroxeradores no parque eólico de Vilachá. | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta