Un helicóptero encargarase de distribuír nas zonas de difícil acceso pacas xigantes de palla --de ata 200 quilos cada unha-- para garantir unha fonte alimenticia de cara a este outono para os animais das zonas máis afectadas polo lume, principalmente especies de herbívoros e aves.
  comenta   0
Galicia acumula máis de 44.000 hectáreas de humidais, pero a maioría deles están en mal estado de conservación. A investigadora e profesora da UVigo María Jesús Iglesias Briones denuncia a desecación e o abandono destes ecosistemas claves para a biodiversidade e a loita contra o cambio climático.
  comenta   0
Propón rozas para ver se hai elementos patrimoniais e un estudo de seguemento sobre o efecto que as sombras do eólico poden ter entre a veciñanza.
O souto de Villestro e as parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Data poderán contar cunha figura de protección ambiental.
Análise da concentración das parroquias galegas con maior risco de incendios forestais en Galicia segundo o Pladiga de 2025 e as que xa rexistraron lumes nos que vai de verán.
  comenta   0
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificou a listaxe de tecores onde está permitida a solta do faisán. Desta forma, engadiu o tecor A Ulloa, na provincia de Lugo, co que o total de lugares aumenta ata os 184.
O Defensor criticou entre outros detalles os termos "tan indeterminados e confusos" nos que está redactada, que "fai que non sexa preciso invocar ningunha situación especial ou extraordinaria (...) para entrar en xogo".
  comenta   0
O Consistorio acusa á Xunta de boicotear o proxecto con requirimentos constantes, mentres esta acúsalle de ineficacia.
"A configuracíon seleccionada produciría impactos ambientais significativos sobre o medio ambiente, principalmente un impacto crítico sobre o patrimonio natural que non pode ser mitigado", advirte a Dirección Xeral de Calidade Ambiental.
  comenta   0
A programación inclúe observacións solares e nocturnas, charlas divulgativas e eventos especiais nas Perseidas, con actividades nos catro arquipélagos do Parque Nacional
  comenta   0
O deputado do BNG propón actuacións nas praias de Arealonga, San Román e Abrela para compatibilizar a protección ambiental co turismo accesible
  comenta   0
O BNG e o PSdeG critican a estratexia do Goberno galego mentres a Xunta defende un equilibrio entre fauna e actividade agrogandeira
  comenta   0
A Consellería de Emprego e o Clúster do Turismo abordan propostas conxuntas para cubrir vacantes e fomentar a formación especializada
  comenta   0
No informe ambiental recóllese que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu nun primeiro momento un estudo desfavorable por diversos impactos e foron necesarios ata catro informes correctores do promotor para conseguir a autorización na que "non é previsible" que "xere efectos significativos".
  comenta   0
A iniciativa persegue executar unha gran senda peonil e cicloturista de 428 quilómetros nas marxes do río Navia, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, e pasando por 7 municipios galegos e por 9 asturianos.
A Federación de Asociacións de Veciños 'Eduardo Chao' de Vigo, FAVEC, lamentou que o alcalde da cidade, Abel Caballero, "ignora" aos veciños que sufrirán expropiacións e o dano ao patrimonio natural.
Luis Rodríguez asumiu a súa culpabilidade xunto a outras dúas persoas. A sentenza tivo en conta que os acusados derrubaron a construción ilícita antes do xuízo.
Podan masivamente carballos, amieiros, freixos, bidueiros, salgueiros nunha canle de 1.500 metros da lagoa de Antela.
  comenta   0
O obxectivo para Galicia, explicou a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, é revalidar o resultado da pasada edición, cando se converteu na comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 49 das 128 bandeiras concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis de 319,37 quilómetros.
  comenta   0
Aínda que nin mentres estudaba nin ao longo da súa traxectoria profesional se sentiu discriminada polos homes que a rodeaban, si apunta que "a diferenza fundamental que creo que sentimos as mulleres que formamos parte de sectores masculinizados, aínda que tamén acontece dentro dos sectores máis feminizados, é que no momento en que accedemos a unha área de dirección ou a un posto intermedio, semella como se tivésemos que amosar a nosa valía todos os días; mentres que, pola contra, cando un home chega a un certo nivel de responsabilidade, a ostentar un certo rango dentro do escalafón de mando, xa se lle presupón a capacidade, o coñecemento e a dilixencia para estar aí e tomar decisións".
  comenta   0
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está completamente mediatizada" e, "se a día de hoxe un grupo de investigación plantexa un estudo sobre a influencia, por exemplo, das nubes sobre o clima, ninguén lle vai dar financiamento, porque vai en contra do dogma", tal e como xa aconteceu en Dinamarca. "Vivimos nuns tempos case inquisitoriais para a Ciencia", lamenta.
  comenta   0
Ao ser preguntado o responsable, este recoñeceu que non ten permiso para ter o corzo, e explicou que o atopou no monte.
  comenta   0
O plan recolle un taballo de inventariado da toponimia e das lendas asociadas ao lugar ou un estudo arqueolóxico da Torre da Mon, así como visitas con xeólogos.
  comenta   0
Datos colleitados polo grupo de investigación de análise e conservación da biodiversidade da USC amosan a presenza de 4 especies botánicas ameazadas, tres delas endemismos estritos, no territorio que pretende ocupar Altri-Greefiber.
  comenta   0
A Xunta solicitou este luns ao Goberno central que teña en conta "o bo nivel de execución" en Galicia dos fondos europeos NextGenerationUE destinados á posta en valor das súas sete Reservas da Biosfera e que lle reasignen parte dos fondos que, a día de hoxe, "outras comunidades aínda teñen sen executar".
  comenta   0
O profesor da USC Antonio Doval Adán, asegura que "a verdadeira cuestión é se hai interese en revitalizar eses concellos que se están despoboando ou non, ou se o que verdadeiramente interesa aos gobernos é que a maior parte da poboación galega se desprace ao medio urbano". Plantexa a posibilidade dunha reorganización territorial na que os concellos en peor situación se engloben en comarcas.
  comenta   1
Marisol Díaz subliña a importancia dos centros para o coidado de animais feridos e a súa posterior reintegración no medio natural.
  comenta   0
Trátase do proxecto de parque eólico Avoceta Wind, que se levantaría entre os municipios lugueses de Carballedo, e as localidades ourensás do Pereiro de Aguiar, Coles San Cristovo de Cea, Vilamarín e Ourense.
  comenta   0
"Os ríos saen do entorno da mina seguen nun estado lamentable de contaminación", critica Ecoloxistas en Acción.
  comenta   0