Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 16:57
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, asinaron este venres un acordo co obxectivo de reforzar o papel da FP Dual no tecido produtivo galego a través da creación do 'Selo Empresa Comprometida coa FP Dual', que recoñecerá ás entidades que apoien activamente este modelo formativo.
No acto, celebrado no Hotel Monumento San Francisco e no que se deron cita autoridades, empresarios e representantes dos centros educativos, o titular do Goberno galego reivindicou que "se non hai oficios é un país sen futuro".
Así, "pondo en valor o tres universidades públicas galegas", puxo en valor a Formación Profesional, subliñando que as prazas nestes estudos alcanzan xa as case 69.000. Nesta liña, celebrou que se conseguiu "prestixiar" o sistema a través, entre outras cousas, "da calidade da docencia". Un sistema que, ademais, aumentou a "empregabilidade" tamén grazas ao "esforzo de empresas e docentes".
"Aqueles que cren que os estudos non son para eles, na Formación Profesional sempre van ter unha oportunidade antes que dicir que non teñen nada que facer e que se converten en persoas sen oportunidades laborais porque non ten formación", sinalou.
As EMPRESAS, "NO CENTRO"
Pola súa banda, o presidente da patronal, Juan Manuel Vieites, asegurou que a FP Dual significa "moito máis que unha modalidade educativa alternativa", senón que sitúa ás empresas "no centro, convertendo os centros en aulas onde se forxa o talento de Galicia". "Pasa do que se necesita saber a como se aplica na realidade", apuntou Vieites, que celebrou que están "no bo camiño" e convidou a todo o sector produtivo galego a sumarse a esta iniciativa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.