Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 11:13
O IPC recortou dúas décimas a súa taxa interanual en maio, ata o 1,7%, de modo que se situou por baixo da media (2%), segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
En maio, os prezos de alimentos e bebidas non alcohólicas rexistran unha inflación do 1,5% na comunidade galega. É do 3% en bebidas alcohólicas e tabaco, do 1,2% en vestido e calzado, do 3,3% en vivenda, auga, electricidade, gas e outros combustibles, do 0,7% en mobles, artigos do fogar e artigos para o mantemento corrente do fogar, do 2,1% en sanidade, do 2% en comunicacións, do 0,3% en lecer e cultura, do 2,6% en ensino e do 4,9% en restaurantes e hoteis. Mentres, baixaron un 2,1% os prezos, en taxa interanual, do transporte, e outros bens e servizos anotáronse tamén unha alza, neste caso do 3,3%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.