Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2025 | Actualizada ás 12:27
O número de pensionistas en Galicia creceu un 7,6% no período 2011-2024, segundo os principais resultados da estatística de pensións da Seguridade Social por concello de residencia que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). Dacordo con esta información, en 2024, en Galicia había 682.886 persoas que percibían pensións contributivas da Seguridade Social, das que o 50,8% eran mulleres. Mentres, o importe medio das pensións contributivas da Seguridade Social en Galicia en 2024 situouse nos 1.236,5 euros, un 5,8% máis que o ano anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.