Galicia segue mantendo a súa poboación a costa dos estranxeiros

Gañou 1.636 afiliados estranxeiros en maio, un 2,3% máis.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Galicia gañou 1.636 afiliados estranxeiros en maio, un 2,3% máis que no mes anterior --avance lixeiramente inferior ao 2,4% de España--, segundo os datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicados este luns. De tal forma, Galicia conta con 72.571 afiliados estranxeiros, o que supón un 13,8% máis que en maio de 2024, segundo maior incremento por comunidades tras Asturias (+17,4%). Máis do dobre do crecemento estatal do 6,5%.

Así, son 59.948 afiliados estranxeiros ao réxime xeral --entre os que se inclúen 4.180 do fogar e 1.860 do sistema agrario--, aos que se suman 10.728 autónomos e 1.894 do réxime do mar. Por países, Venezuela é da maior presenza de afiliados foráneos en Galicia, cun total de 11.295. Séguenlle: Portugal (9.864), Colombia (7.436), Perú (4.683) e Marrocos (3.831).

DATOS ESTATAIS

En España, a Seguridade Social gañou unha media de 73.524 afiliados estranxeiros en maio, un 2,4% máis que no mes anterior, co que o quinto mes de 2025 pechouse, por primeira vez, con máis de tres millóns de ocupados foráneos. En concreto, maio pechou cun novo máximo histórico de 3.070.831 afiliados estranxeiros.

Dous traballadores da construción, un sector onde hai moitos estranxeiros empregados
Dous traballadores da construción, un sector onde hai moitos estranxeiros empregados | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta