CC.OO. reprocha á Xunta que manteña a apertura dos comercios os domingos e festivos: "Castiga aos traballadores"

O sindicato asegura que a apertura en domingos e festivos "non é necesaria", xa que os horarios semanais "xa permiten realizar as compras sen necesidade de amplialos nestas datas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2025 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

Comisiones Obreras (CC.OO.) reprochou á Xunta que manteña a apertura dos comercios galegos os domingos e festivos e acúsaa de "priorizar os intereses da patronal dos grandes almacéns". Nunha nota de prensa, o sindicato censurou que a Administración autonómica "volva castigar aos traballadores do comercio galego", ademais de considerar que esta práctica "danou ao pequeno comercio e á calidade de vida das persoas traballadoras".

Este ano, segundo destacou CC.OO., a situación "agrávase" ao incluír o 26 de xullo e o 15 de agosto como festivos de apertura. Con esta medida, engadiu, a Xunta impide que os traballadores do sector poidan gozar de dúas fins de semana consecutivas libres nos meses de xullo e agosto. Ante isto, o sindicato reiterou que a apertura en domingos e festivos "non é necesaria", xa que os horarios semanais "xa permiten realizar as compras sen necesidade de amplialos nestas datas".

Carros dun centro comercial
Carros dun centro comercial | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta