A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

33 Virgilio Coton

Cómo se llama la película..... " La UPG cabalga en solitario...sin sombras" La armaron...que les vaya bien...hahahaha

32 comento

Señora, non diga APU,diga UPG, a marca auténtica. En realidade, non diga BNG, diga UPG

1 Manolo_

De verdade ideas seguir tooooda a vida con esa triste cantinela? Por moito que vos f*da, a inmensa maioría dos militantes independentes quedamos no BNG, marcháchedes con algún militante válido e algún que outro pelma. Que vos aproveite.

31 Coruñés

Outro titular se quixeramos falar de política "Beiras aposta por un pacto de esquerdas e renuncia ao nacionalismo" e a outra noticia (a referente ao BNG). "O BNG é o único partido que aprova as suas listas sen cambalaches e sin conflictos internos" ou simplemente "O BNG aprova as suas listas cun amplio consenso". Podese pensar diferente do BNG (de feito eu non son do BNG), pero cando vexo estas manipuladas non penso que se ataque ao BNG estase atacando ao sentido común do lector.

1 Perico Pallotti

Outro titular, na onda que propón o compañeiro Coruñés, sería: "O BNG é o máximo e Beiras tenta impor os touros e o español aos galegos".

2 ha,ha,ha

Eu Perico aposto por un exemplarizante do estilo: "O BNG arrasara nas eleccións grazas á UPG e o españolista de Beiras non saca nin pa pipas"

3 Manolo_

Podedes poñervos como queirades, pero Coruñés ten toda a razón.

4 Perico Pallotti

"Coruñés ten toda a razón", outro posible titular.

5 Manolo_

Cara de titular tes ti

6 Perico Pallotti

"Cara de titular tes ti" é outro bó titular.

30 Coruñés

Curioso estilo xornalístico,nunha noticia dise que a APU domina as listas do BNG e na outra dise que EU e Beiras reparten ao 50 por cento. Marujeo total por non falar de política. O meu titular sería outro "Beiras e IU repartense os postos de saída ao 5o por cento sin consultar as bases", outro sería "O BNG aprova as suas listas por amplia maioria", un para cada noticia, dou estes titulares se practicase este estilo de xornalismo.

1 ha,ha,ha

Curioso estilo é o teu de ver os titulares. A APU ten oito de 12. Iso é verdade ou non? E Anova e EU pactaron o 50% das listas, iso é verdade ou mentira?. ha,ha,ha... O que fai a sumisión a don Paco

29 Xac

ApU supostamente impón as listas. Segundo xente do MGS non é así. Queremos que os deputados do Bloque fagan coma os de IU en Extremadura e pacten co PP? Pode pasar, como pasa con IU na Coruña. http://www.publico.es/espana/382785...