A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

18 Xurxo

O BNG é un conto,a única realidade,o único suxeto de poder é a UPG.

1 Autonomia

IU é um conto, a única realidade, o único sujeito de poder é o PCE.

17 Sandriña

Hai moito onde elixir e non esta tropa dominada por don Paco.Que pena a deriva do BNG

16 antón

Menos mal que saímos do BNG. As listas seguen sendo máis do mesmo. Os da UPG dominando todo e os outros de tontos útiles. O que xa non entendo como Villar e Company deixan que os ninguneen así. Iso pásalle por ser tan servil. Os galegos teñen agora un proxecto coherente e con xente comprometida co país como é CxG. Adiante

15 Felipe de Xinzo

revisade as fontes, sempre estades coa mesma historia, algúns queren seguir facendo dano "ao corpo lúcido" do nacionalismo. E aínda diría máis, e logo, nas candidaturas da coalición española AEG, no PSOE e nos "compromisarios" ¿non houbo problemas?. Avanti o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

1 Opaco

Non te metas co psoe que aínda che han tirar das orellas, lúcido, que xa anuciachedes o pacto post-electoral, coma se non o soubesemos, coma sempre, así que dende a túa lucidez insulta a quén che pete pero ollo co Partido Socialista Obrero ESPAÑOL, ise que xa anunciou que estara EN FRENTE dos cataláns cando debatan a independencia.

14 Xanciño

Moi ben por GC. Sodes os únicos que informades do que pasa dentro de todos os partidos. Vese que os upegallos estaban moi contentos de vir aquí a amolar aos militantes de anova e CxG, pero cando se fala deles, xa é un golpe de estado contra o "nacionalismo superior de don Paco". Ala, a rañala e aturar as críticas do resto

1 Felipe de Xinzo

revisade as fontes, sempre estades coa mesma historia, algúns queren seguir facendo dano "ao corpo lúcido" do nacionalismo. E aínda diría máis, e logo, nas candidaturas da coalición española AEG, no PSOE e nos "compromisarios" ¿non houbo problemas?. Avanti o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO