A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

13 un do BNG

REVISADE AS FONTES SE QUEREDES INFORMAR.

1 Felipe de Xinzo

xa vendo quen escribe, non podíamos esperar outra cousa

12 O ranholas

A información de GC sobre o BNG é casi nula dende a convocatoria de eleccions, sempre con referencias a problemas internos, excisións e demais. Un apuntamento, a afiliación ó BNG é individual, non de colectivos, Mais Galiza foise do BNG, os que constituiron Abrente son militantes do BNG, non excindidos de nada, ainda que queirades vendelo asi. Por certo, xa vai sendo hora que actualicedes o Eppur si muove… da informacion do BNG, esta un pouco desfasado iso

1 Black Crow

Nah, lo que pasa es que usté se informa po Sermos Galiza y claro, el shock al cambiar a un medio minimamente serio es brutal.

2 Informando

Ranholas. Non sei o que les ti do GC, pero en portada está unha de Jorquera http://www.galiciaconfidencial.com/... e de hai dous días estoutra http://www.galiciaconfidencial.com/... Así que menos SERMÓNS e máis información

3 aaaaaaaaaag

Concordo com o Ranholas. GC toupas dde Izquierda Unida al PP

4 A sota de abastos

Pois si non che mola iste medio, informate en Sermons que pra iso lle trincachedes 300000 euros os afiliados da Cig sen a súa aprobación, para montar o voso medio, e agora vides intoxicar ós outros, claro, como alí non entra nin dios, por algo sera

11 Euloxio

Ata o de agora, os comentarios demostran que un sector da "intelectualidade" galega de esquerdas está máis interesada na pelexa cos posibles aliados que en evitar que o PP renove a maioría no Parlamento. Noraboa...

1 Pouleiro

Eu son de esquerdas e nacionalistas, outros só son de esquerdas...eis a diferencia. Para saír da crise políticas sociais e soberanía nacional.

2 Euloxio

No teño nada na contra deso que vostede chama soberanía nacional, pero o mesmo que vostede proclama o defenden outros que falan noutras linguas e que, amparados na mesma lexítimidade, defenden outro territorialismo e por riba, algúns son anti-galegos (e non me refiro a EU). Para ser de esquerdas NON fai falla ser nacionalista, aínda que é posíbel; pero tamén pode ser contradictorio e mesmo hai nacionalistas fascistas. O nacionalismo per se non define a ideoloxía e moito menos a "posición social" = "conciencia de clase".

10 Brincadeira

Parabéns polas listas do BNG (impórtanme un pemento de quen son), para min son persoas con capacidade e traballadores/as.

1 Black Crow

¿De quién fué la idea de poner de cabeza de lista por Pontevedra a un reputado coruñesista estrechamente relacionado con Meilán Gil? Si fué de Paco Rodriguez es que estamos ante una purga encubierta.

2 Brincadeira

Xa ves a traxectoria política dese coruñesista co de Meilán, cuspidiño...ja,ja,ja. Miña nai, o que hai que ler.

3 Black Crow

¿Y luego no es actualmente diputado por La Coruña? ¿Y luego actualmente no da clases en la Universidad de la Coruña? ¿Y luego donde vive? ... pues que se presente por Alternativa Dos Veciños de Oleiros, porque en Vigo lo va a votar Rita la cantaoura, querido. No se puede andar bailando de una provincia a otra y menos si están Coruña y Vigo por medio. Hay que conocer un poco el país, con ser nacionalista de boquilla no llega.

4 Black Crow

¿Y luego no es actualmente diputado por La Coruña? ¿Y luego actualmente no da clases en la Universidad de la Coruña? ¿Y luego donde vive? ... pues que se presente por Alternativa Dos Veciños de Oleiros, porque en Vigo lo va a votar Rita la cantaoura, querido. No se puede andar bailando de una provincia a otra y menos si están Coruña y Vigo por medio. Hay que conocer un poco el país, con ser nacionalista de boquilla no llega.

5 Black Crow

Jesus, que tropa

6 aaaaaaaaaag

O españolismo dos beirudos non ten límite. As provincas son invento españolista. Galiza para os galegos de Nación, é circunscripción única.

9 Menos benegoloxía

IU acapara os postos de saída en IU-Beiras, simplemente lle fai un hoco ao mesías. Pestes e pestes contra o Bloque e moito vos preocupa o que fai. Aymerich non é da APU e vai en postos de saída, así que no hai ningun acaparamento. Xa de coña que digades que a UPG está "presidida por Paco Rodríguez".

1 José da Silva

IU leva a Yolanda Díaz pola Coruña en franco retroceso nas últimas eleccións municipais, como Juan Fajardo en Vilagarcía que tamén perdeu concelleiros na vila do Salnés. A cidadanía de Vilagarcía e Ferrol coñecen dabondo a nulidade destes candidatos de IU.