A APU acapara os postos de saída do BNG

Abrente ten tres e o MGS, ningún. Houbo discusións para confeccionar as listas pero sen clima de enfrontamento, como outros anos. Diferencias na UPG de Lugo a conta do cabeza de lista desta provincia.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/09/2012 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Alternativa pola Unidade, ás siglas da coalición na que se presentou a UPG na pasada asemblea nacionalista, acapara os postos de saída das listas do BNG ás vindeiras eleccións autonómicas. Deste xeito, e se se repetiran os mesmos resultados que hai tres anos e medio, oito dos deputados serían desta coalición, a inmensa maioría militantes da UPG, mentres que tres serían militantes de Abrente- Esquerda Democrática Galega e outro próximo a esta corrente excindida de Máis Galiza.

Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika
Reunión entre BNG e asinantes do Acordo de Guernika

Dos catro primeiros postos da lista da Coruña, tres; Francisco Jorquera, Ana Belén Pontón e Fernando Blanco Parga, son da UPG, mentres que Ana Luísa bouza é de Abrente. En Pontevedra; agás o cabeza de lista, Carlos Aymerich, os tres restantes; Came Adán, Montse Prado e Luís Bará, son da APU, dous deles con carné da UPG. En Lugo, Cosme Pombo tamén milita nesta formación, mentres que Isabel Sánchez Montenegro é de Abrente e en Ourense, repitese o esquema. Tereixa Paz é da UPG, mentres que Xosé Manuel Cid é próximo a Abrente.

Desacordos entre UPG e MGS

Nos postos de saída non hai ningún representante do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), a pesares de que a UPG ofreceu a posibilidade de que dous dos integrantes deste colectivo estiveran neles. Sen embargo, non se chegou a ningún acordo porque o partido que presidiu Paco Rodríguez quería impoñer os nomes desas dúas persoas; Paula Castro e Noa Presas.  

A decisión non gustou á dirección do MGS que propuxo, entre outros nomes, os de Xosé Emilio Vicente, ex secretario xeral de Galiza Nova. Un perfil que rexeitou a UPG porque Vicente foi sempre moi crítico con esta formación. Finalmente, non houbo acordo.

Diferencias da UPG en Lugo

Tamén, e segundo as fontes consultadas, houbo dificultades na UPG en Lugo para elixir ao seu candidato a presidir as listas nesta provincia. Así, un sector pretendía que fora Ana Belén Pontón, actual voceira desta formación no Parlamento galego e natural de Lugo. 

Sen embargo, outro sector da UPG en Lugo insistiu en postular outros nomes alegando que as dúas anteriores lexislaturas Pontón foi sempre nas listas da provincia da Coruña. Finalmente, a UPG decidiu situala como número dous na Coruña e postular a Cosme Pombo en Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 93 comentarios

3 Black Crow

LA UPG se presenta como APU para encabezar el BNG. Las vueltas que hay que dar para ocultar la tomadura de pelo que supone llamar bloque a lo que es en realidad un único partido.

1 White Eagle

Un problema no razoamento: as asembleas, de alta participación, aproban as listas por maioria, non por minoria. De feito, e agás CxG que fixo primarias, todos os demais partidos aprobaron as listas a dedo. Polo tanto todo isto que se está a dicir é mentira.

2 Black Crow

Mentira y una M. En el BNG solo existe APU, por muchas marcas blancas que se inventen. Y en APU solo existe la UPG, luego en el BNG solo existe la UPG. Algo tenéis que esconder cuando os molestáis tanto en ocultar quienes sois, una táctica retorcida, ventajista, malintencionada, sobreinterpretada y traicionera muy de acorde con la personalidad que tiene quien todos sabemos.

3 ninunpasoatra

Non home, non. No BNG existe APU (UPG e xente non afiliada a este partido pero que simpatiza con el) MGS, Abrente e a maioría da afiliación que é independente ou non adscrita a ningunha das organizacións mencionadas. E as decisións tómanse democraticamente, por maioría, principio que respecta toda a afiliación do BNG, menos o señorito Beiras e o seu reducido grupo de seguidores que non aceptan as decisións maioritarias e marchan do Bloque.

4 Black Crow

Lo del bloque es una fraude electoral porque engañan al ciudadano pensando que votan a un bloque o frente de partidos cuando en realidad votan a uno solo la UPG, que para mas INRI está dirigido por un tío que en teoría no es dirigente. Una tomadura de pelo e, insisto, un fraude. Y el ciudadano gallego, que no es t0nt0 como se piensa la UPG, se lo hará pagar caro.

5 Blacker Crower

Tedes unha psicopatoloxia de carallo... boa sorte xD

2 ninunpasoatras

A información non hai por onde collela. Segundo GC, a UPG rexeita a Xosé Emilio Vicente por ser moi crítico con eles, mais propón a Paula Castro e Noa Presas que son igual de críticas que Xosé vicente (en troques dunha cunca, dúas!). Porque as tres son representantes do Movimento Galego ao Socialismo, organización dentro da fronte patriótica que ten a súa razón de ser na crítica á deriva política-ideolóxica e organizativa do BNG, que comeza sendo Beiras portavoz nacional e que se corrixe na asemblea de Amio, co xiro aprobado cara a posicións soberanistas e de esquerdas e a recuperación da fómula das asembleas abertas (un militante un voto).

1 Abraiado habitual

Seguimos tirando de mitoloxia barata? xD. As listas son inmaculadas en Alternativa de Famentos (quen paga manda), Compromiso pola Desfeita, o PPU, o Pe-Ese-O-E e demais. E unha puntualización: cal é a "inmensa maioria" de 8? Eu pensaba que a muletilla "inmensa maioria" deberia empregarse para un número elevado de elementos, cando son "tantísimos" como 8 eu diria que o mais correcto seria "cuase todos". Se non estou equivocado, e segundo os marchosos, no BNG só queda a U e adláteres, daquela non é normal todo isto?

1 Aburrido habitual

Ola. Prodúceme un profundísimo aborrecemento os vosos debates cainitas diarios sobre a U, o Beiras e as nais que os pariron. Intúó que o 90% da audiencia pásalle o mesmo. En todo caso, revisa a frase "Se non estou equivocado, e segundo os marchosos, no BNG só queda a U e adláteres, daquela non é normal todo isto?". Lea 2 veces e reflexiona se non estás dando a razón con quen discutes. Logo reflexiona se o que che importa é algo máis que discutir por discutir, montar follón por montar follón. Hai máis cousas que facer no mundo.

2 Abraiado habitual

Non. Estaba asinalando unha contradición de argumentos, argumentos que non son meus, evidentemente. Case que paso de repetilos, primeiro porque os estaba ridiculizando, e segundo porque non teño nen vontade. Eu sei que as listas son aprobadas en asemblea, polo tanto esta información que se da aqui como pouco é espuria, se non é que ten mala intención (porque nas asembleas imponse o voto da maioria, nunca da minoria que é o que se tenta intoxicar). Eu tento razoar, algo que nunca estivo ben visto.