Temas: PSDEG MORTE

O PSOE provincial coruñés chora a morte do seu secretario de Educación, Antonio Álvarez Cisneros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O PSOE provincial da Coruña mostrou este sábado o seu pesar polo falecemento do secretario de Educación da súa Executiva, Antonio Álvaro Cisneros, e trasladou as súas condolencias á familia e amigos.

Antonio Álvarez Cisneros.
Antonio Álvarez Cisneros.

Como explicou o partido, o secretario provincial dos socialistas, Valentín González Formoso, destacou o "compromiso permanente cunha educación pública e de calidade" do secretario.

'Tonecho' Álvarez Cisneros, da Coruña, foi profesor de primaria en distintos centros da provincia e "sindicalista histórico" da UGT, cun traballo "sempre vinculado á educación", destaca o partido.

Ademais, ocupou a secretaria de Educación da dirección provincial do PSdeG-PSOE desde a súa creación durante os mandatos dos secretarios Salvador Fernández Moreda, Francisco Caamaño, Julio Sancristán e Valentín González Formoso.

Temas: PSDEG MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta