A Xunta aposta por "romper a brecha de xénero" na ciencia e na tecnoloxía

Alfonso Rueda tamén valorou como "unha boa noticia" a reapertura do paridoiro de Verín.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia aposta por "romper coa clarísima brecha de xénero existente en Galicia" en canto ás carreiras universitarias relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía.

Así o manifestou este luns o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa participación no acto 'Mulleres referentes na ciencia en Galicia', que tivo lugar no CIFP A Carballeira-Marcos Varcárcel, no que tamén participaron a catedrática en farmacoloxía e premio María Jofesa Wonenburger, Mabel Louza; e a catedrática de inmunología e directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, África González.

Con este tipo de iniciativas, o Goberno galego percorre os centros educativos de Galicia acompañados de mulleres referencia para "integrar a perspectiva de xénero na educación en xeral, e de forma específica no ámbito da ciencia".

Neste contexto, Alfonso Rueda puxo en valor a "importancia de romper os teitos de cristal que aínda existen" apelando á "igualdade". Tamén insistiu en que "existen exemplos de moitas mulleres que con esforzo e preparación levaron adiante a súa vocación".

ESTÍMULO

En determinadas opcións profesionais a presenza feminina "continúa sendo clarisimamente minoritariamente", sobre todo nos estudos de ciencias, manifestou Rueda.

Entre os factores aos que pode responder esta brecha na vocación científica, o vicepresidente da Xunta sinalou que "moitas veces falta ese estímulo". Por iso, incidiu na importancia de que "os estudantes vexan que hai referentes que alcanzaron o éxito, que son pioneiras e, por tanto, que non existe ningún outro condicionante".

Por parte da Xunta de Galicia avogan por "romper cos estereotipos de xénero en todos os ámbitos" co fin de "evitar e previr situacións tremendas que mesmo poden chegar a desembocar en formas de violencia machista".

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto ?Mulleres referentes na ciencia en Galicia?.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no acto ?Mulleres referentes na ciencia en Galicia?. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta