O PP propón que se aumenten en 15,4 millóns máis os orzamentos na Coruña para "emprego, persoas e barrios"

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña expón, nas súas alegacións ao orzamento para este ano, medio centenar de medidas coas que propón aumentar en 15,4 millóns de euros as partidas destinadas "a emprego, a mellorar a calidade de vida das persoas e a investimentos nos barrios, e reducir o gasto en propaganda, publicidade, reunións e festas".

Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O grupo municipal do PP no Concello da Coruña expón, nas súas alegacións ao orzamento para este ano, medio centenar de medidas coas que propón aumentar en 15,4 millóns de euros as partidas destinadas "a emprego, a mellorar a calidade de vida das persoas e a investimentos nos barrios, e reducir o gasto en propaganda, publicidade, reunións e festas".

Así o expuxo o portavoz adxunto dos populares, Roberto Rodríguez, que, en rolda de prensa, sinalou que a cidade "precisa dun orzamento para solucionar problemas reais de xente e no aprobado inicialmente hai moitas carencias que se puideron solucionar con maior vontade de diálogo".

Por outra banda, sinalou "o PP presenta propostas para unha cidade máis dinámica, máis solidaria e máis limpa" e comezar a reverter a situación de "unha cidade paralizada e sen iniciativas de calado", argumentou.

ALEGACIÓNS

En concreto, o PP divide as súas alegacións en tres bloques. No primeiro inclúense 2,69 millóns máis para Promoción Económica e creación de Emprego: 2 millóns máis en políticas de emprego, 410.000 máis para comercio, 110.000 máis para mercados e 170.000 máis para turismo.

No segundo, figuran 5,31 millóns máis para mellorar a calidade de vida das Persoas: 750.000 máis para servizos sociais, 510.000 máis para educación e cultura, 1,25 millóns máis para deportes, 500.000 máis para participación, 1,2 millóns máis para rehabilitación e vivenda e 1,1 millóns máis para mobilidade accesible.

No terceiro, expoñen 7,4 millóns máis para mellorar as condicións nos barrios: 3,35 millóns máis para vías públicas, 2,45 millóns máis para actuacións e plans e 1,6 millóns máis para medio ambiente.

3 02 2020 Np+2 Fotos Presuposto Municipal. PP AYTO. A Coruña
3 02 2020 Np+2 Fotos Presuposto Municipal. PP AYTO. A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta