GC comeza un programa de colaboración con Desconcierto Cultural

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/09/2012 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A noticia sobre a publicación da segunda edición do Galician Bizarre é a primeira mostra do programa de colaboración entre Desconcierto Cultural e Galicia Confidencial. Dende hoxe, GC ofrece traducidos ao galego parte dos contidos de desconcierto.com, unha das webs de referencia no país sobre a actualidade musical.

O ciclo TerraZeando logrou encher as terrazas de Santiago con actuacións de grupos poucos coñecidos
O ciclo TerraZeando logrou encher as terrazas de Santiago con actuacións de grupos poucos coñecidos | Fonte: Desconcierto Cultural

Desconcierto.com é unha revista dixital especializada no panorama musical galego. O portal está publicado pola Asociación Desconcierto Cultural, cuxo principal obxectivo é dinamizar a escea cultural do país, especialmente no referido á música.  O colectivo adica parte dos seus esforzos a organizar concertos polo país. O ciclo TerraZeando e a Romería Pop en Santiago de Compostela son dous dos últimos exemplos.

O apoio do público é quen mantén aberto GC

A colaboración servirá para dotar de máis contidos ao GC Tendencias, a revista cultural que dirixe Paco Gallego para o GC dende o 25 de xullo. GC dá así un paso máis no seu esforzo de construír un medio en galego e 100% independente.

Este portal é arestora o medio en galego máis lido da Internet e o cuarto en Galicia entre todos os editados no país. Só La Voz e Faro teñen máis seareiros nas redes sociais.

Galicia Confidencial carece de calquera mecenas político, sindical, institucional ou empresarial. Leva anos manténdose grazas á axuda dos colaboradores e apoio da audiencia a través das contribucións ao GC Plus, apoio que segue sendo imprescindíbel para manter esta ventá de información libre aberta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Parabéns. As sinerxias positivas sempre favorecerán a Galicia. Agora só falta que as galegas e galegos tomen conciencia de que o futuro vén de abaixo (e non cae do ceo). Saúde e Boa Fortuna!