O PP afirma que o Sergas cubriu este luns a praza de pediatría vacante no centro de saúde das Pontes

O alcalde, Valentín González Formoso, remitiu unha carta á Consellería de Sanidade para solicitar o restablecemento do servizo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2020 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

O PP das Pontes asegura que este luns o Sergas cubriu a praza de pedriatra que permanecía vacante no centro de saúde da localidade e que motivou que o rexedor municipal, Valentín González Formoso, remitise unha carta á Consellería de Sanidade para solicitar o restablecemento do servizo.

O portavoz municipal dos populares, Javier Acosta, acusou a PSOE e BNG de caer na "máis vil demagoxia" ao empregar "a baixa dunha profesional do servizo de pediatría" para "desviar a atención" sobre outro asunto como o peche da central de Endesa na localidade.

"Se o que queren é que se deixe de falar do peche da planta, non o van a conseguir. Sabemos da importancia que ten a atención sanitaria, pero non imos consentir que se xeren problemas onde non os hai, mentres se mira para outro lado no que si hai que solucionar", indicou Acosta.

Así as cousas, os populares aseguran que non queren "entrar no xogo demagóxico" que atribúen a socialistas e nacionalistas. "Somos os primeiros que queremos que o servizo de pediatría funcione á perfección, pero sabemos das dificultades que existen á hora de contratar profesionais desta rama", engadiu o portavoz municipal do PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta