Galicia rexistrou 3.668 peticións de asilo en 2019

España só ofreceu protección a un de cada 20 solicitantes de asilo en 2019, segundo denuncia CEAR

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2020 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

A taxa de aprobación de solicitudes de asilo descendeu durante o ano 2019 ata o 5%, preto de 20 puntos menos respecto de 2018, segundo denunciou a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR), que lamentou que pouco máis de 3.000 persoas obtiveron protección internacional en España. No caso galego, rexistráronse en 2019 3.668 peticións.

Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos
Este home refuxiado en Idomeni faise cargo dos seus fillos e de dous cativos máis orfos | Fonte: © Miguel Núñez.

O ano pasado España bateu marca de solicitudes de protección internacional con 118.264 presentadas —máis do dobre respecto de 2018—, a maioría procedentes de Venezuela (40.906), Colombia (29.369), Honduras (6.792), Nicaragua (5.931) e O Salvador (4.784). Do total de peticións, un 45% foron formuladas por mulleres e un 55% por homes.

Segundo os datos recompilados en 'Más que cifras', onde a entidade resume os principais datos do sistema de asilo de 2019, resolvéronse 60.198 solicitudes de protección internacional, das cales o 29% (17.266) foron denegadas e o 5% (3.156) foron favorables. O 66% restante (39.776) correspóndense con permisos por razóns humanitarias concedidas na súa maioría persoas de nacionalidade venezolana.

Do total de 3.156 resolucións, 1.653 correspóndense coa concesión do estatuto de refuxiado, previsto para persoas que sofren unha persecución por parte do Estado por distintos motivos, entre os que están os políticos, relixiosos e sexuais. As nacionalidades maioritarias dos beneficiarios desa forma de protección internacional foron a salvadoreña, a hondureña e marroquí.

As outras 1.503 resolucións refírense a a concesión de protección subsidiaria, figura prevista para o solicitante cuxa vida esta en risco por unha situación de conflito interno no seu país. As persoas que máis se viron beneficiadas por esta forma de protección procedían de Siria, Iemen e Palestina.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta