O teatro galego viaxa á Feira Europea de Artes Escénicas de Xixón

As compañías Pistacatro Produtora de Soños e Xampatito Pato encherán de circo e imaxinación a cidade asturiana. Tamén Eme2 Producións e Os Monicreques de Kukas presentarán os seus espectáculos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2020 | Actualizada ás 12:46

Comparte esta noticia

Catro compañías procedentes de Galicia foron seleccionadas para presentar os seus últimos traballos escénicos na vixésimo novena edición da Feira Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas de Xixón.

Así, informaron as entidades, o circo chegará, a partir deste domingo, á cidade asturiana da man das compañías Pistacatro Produtora de Soños e Xampatito Pato que presentarán no marco de FETEN 2020 os seus traballos, 'Mezzo. El fantástico circo de insectos gigantes del Doctor Mezzo' e 'SÓ', respectivamente.

Os primeiros chegan á feira cun espectáculo itinerante "cheo de cor, imaxinación e fantasía para recuperar tanto o espírito de aventura das novelas de Julio Verne como a estética visual dos circos ambulantes do século XIX e principios do XX",explicaron.

Xampatito Pato, pola súa banda, porá en escena 'SÓ', sinalaron, un "personaxe obsesivo e meticuloso que se rodea dunha infinidade de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo". "A tolemia cómica, o caos e o universo delirante serán protagonistas deste traballo", abundaron.

As marionetas terán tamén a súa parcela destacada no programa de FETEN a través dos espectáculos de Eme2 Produccións e Os Monicreques de Kukas. "Poético, divertido, áxil e desenfadado, 'Titiricuentos' conta con textos de Ricardo Combi baseados nos contos clásicos 'El ruiseñor', 'Garbancito', 'El zapatero' e 'Los Duendes' que transportarán aos máis pequenos a un mundo con voces de contacontos e corpos de marioneta", indicaron.

Mentres, 'Arlequina' é a montaxe coa que Os Monicreques de Kukas celebra o seu corenta aniversario. O traballo actoral combínase nesta produción coa animación de marionetas, a maxia e a música en directo para contar a aventura de Arlequina, unha marioneta de papel de xornal que buscará a súa identidade coa axuda de Marchelino.

Espectáculo de monicreques
Espectáculo de monicreques

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta