Os refuxiados desprazados, protagonistas dunha exposición internacional na Coruña

Acampa contou co traballo de profesionais do fotoxornalismo e a fotografía humanitaria de recoñecemento internacional.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/02/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Os refuxiados desprazados serán os protagonistas dunha exposición internacional na Coruña. Unha exposición que porá en marcha Acampa, unha rede transversal, un movemento sen ánimo de lucro en "defensa da paz e o dereito a refuxio". Por iso, require o "traballo voluntario de decenas de persoas que acheguen o seu tempo, o seu coñecemento e a súa ilusión en facer posible que A Coruña sexa por uns días un centro de atención internacional na defensa das persoas desprazadas forzosamente".

Campo de refuxiados na Coruña.
Campo de refuxiados na Coruña.

A menos de cinco meses desta acción, Acampa busca voluntarios para moi diversas áreas: acompañamento institucional, comunicación e web, loxística, infraestruturas, xestión e administración… “Só fai falta ter ganas e sensibilidade cara a unha realidade que está máis preto do que parece”, explican os promotores da Rede Acampa. “Son moitas as áreas nas que se pode botar unha man, polo que convidamos á cidadanía para regalarnos un pouco do seu tempo e o seu compromiso. Toda axuda é benvida”

Explican con proxección ao futuro que “queremos que a rede se expanda e poder replicar en outras ciudades e outros países eventos como o que se inaugurará en xuño, unha cita que en só catro edicións consolidouse como un referente internacional na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas e migrantes cada vez máis pisados pola onda crecente de xenofobia que arrasa o mundo, e para iso necesitamos recursos”. Non en balde, verase pronto replicada en Madrid, Brasil e Lisboa

A mediados de xuño, Acampa  pola paz e o dereito a refuxio transformará de novo o centro da Coruña nun espazo denuncia da situación das persoas refuxiadas e  migrantes e as causas que as empuxan a fuxir dos seus fogares e dos seus países. A organización ten aberto ata este sábado o proceso de selección das exposicións fotográficas sobre o tema que centrará as actividades este ano 2020: o espolio de recursos económicos no planeta e as consecuencias sobre as poboacións locais, que en tantas ocasións vense abocadas á pobreza extrema, o traballo escravo e o desprazamento forzoso. Todos os profesionais da fotografía que queiran participar poderán presentar as súas propostas ata o sábado. A premisa fundamental é que os traballos documenten o tema da edición.

As mostras fotográficas son un dos principais elementos de Acampa para ensinar a realidade das persoas desprazadas e as causas que as empuxan a iso. En cada unha das súas tres edicións, a iniciativa Acampa contou co traballo e a presenza dos e das mellores  fotoxornalistas e profesionais da fotografía humanitaria, que explicaron ao público asistente as realidades que documentan en diversos puntos do planeta. As mostras, xa un referente cultural na cidade. Exhíbense durante mes e medio nas dúas principais salas municipais, o Kiosco Alfonso e Salvador de Madariaga, ademais de tomar a rúa no epicentro urbano da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta