Suso Díaz: “Eu non faría iso”

O histórico sindicalista e ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia rexeita as medidas que o seu sindicato lle propuxo aos traballadores da Forem.

Por Xurxo Salgado | Ferrol | 23/09/2012 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

“Eu non faría iso se fora secretario xeral”. Suso Díaz, 68 anos e hístórico de Comisións, acaba de saír en defensa dos traballadores da Forem-Galicia, unha fundación dependente de CC.OO., sobre a que pesa un ERE con despidos e indemnizacións de 20 días por ano traballado. O máximo que impón a lei tras a nova reforma laboral do PP.

Xesús Díaz, ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia
Xesús Díaz, ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia | Fonte: EGU

Precisamente, Díaz foi un dos que hai uns meses saíu á rúa, convocado polo seu sindicato, para rexeitar esta lei. Por iso, non entende que a dirección de CC.OO.-Galicia queira aplicala, agora, aos seus traballadores. “Sorprendeme moito que Comisións faga iso cos traballadores que teñen a conciencia sindical de CC.OO.”, argumenta en declaracións a GC.

“En desacordo”

Por iso, se amosa completamente “en desacordo” co que está facendo a Executiva do seu sindicato. “Entendo que se reduciron os cartos para a formación, pero iso non se ten que traducir en despidos”, apunta.

Díaz propón outras medidas antes do despido como ERE’s temporais. “O que se trata é de gañar tempo para evitar os despidos que debería ser a última solución”, engade. “E se non hai máis remedio pois haberá que despedir xente pero non baixo a lei que combatimos na rúa”.

Medidas negociadas

Neste sentido, aposta por medidas negociadas; despidos de 40 días de indemnización –como mínimo—por ano traballado “e buscando posteriores recolocacións”. A CIG tamén despediu a 30 traballadores en xuño aplicando esta indemnización e minimizou a resposta dos despedidos.

O ex secretario xeral de CC.OO.-Galicia agarda que este problema poida solucionarse “pola vía do diálogo” e que o sindicato non actúe coma un “patrón”. Por iso, xa falou cos afectados para transmitirlle o seu ánimo e apoio.

Pola súa banda este luns día 24 de setembroos traballadores da Fundación Forem Galicia CCOO comezarán unha folga indefinida cuxo motivo desencadeante é a aplicación por parte da dirección da Fundación do expediente de regulación de emprego cuxo número de despedimentos alcanzaria o 63,10% da actual plantilla.

Os asalariados din que CCOO ofrece "unha indemnización de 20 dias por ano, aplicando deste xeito a reforma laboral pola que venimos mostrando o noso máis profundo desacordo dende fai tempo".

O sindicato nega que estea a aplicar a reforma laboral e culpa dos despedimentos aos recortes impostos polo PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Galicia Confidencial

Un comentario foi borrado por conter unha acusación contra unha persoa. Grazas aos que comentades con educación e sentidiño. Aos poucos que se valen do anonimato para dicir cousas que non dirían a cara valéndose ademais de ducias de alcumes diferentes, dicirlles que o único que están a lograr e poñerse en evidencia a si mesmos.

1 UN BURGUÉS ENCANTADO

O PROBLEMA DE CCOO QUE HAI TEMPO QUE NON RESPOSTA ÁS NECESIDADES DA CLASE TRABALLADORA. TEN NA DIRECCIÓN A MAIS XENTE DE UPyD QUE DO PCE.

1 lolailo

pero queda alguén do pc na súa dirección?????