Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2012 | Actualizada ás 10:26
A Mesa pola Normalización Lingüística lanza hoxe unha campaña crítica coa labor do Goberno Galego. Carlos Callón, presidente, e Susana Méndez, vicepresidenta, presentan a inciativa "Alberto Nuñez Feijóo non merce ser elixido" esta mañá en Santiago.
A campaña incluír a distribución de material promocional contrario á candidatura do PPdeG. A Mesa pola Normalización di ser a maior asociación cultural do país e é o núcleo organizador de Queremos Galego, a plataforma que logrou encher o Obradoiro en varias manifestacións contra o 'decreto do plurilingüismo'.
A promoción do idioma propio foi unha das claves da lea electoral de 2009. O PPdeG tomou posicións inéditas nos conservadores galegos, ao apoiar colectivos contrarios á normalización como Galicia Bilingüe.
Unha vez chegados ao poder, Nuñez Feijóo tentou desactivar as protestas nas rúas. As manifestación foron unitarias entre toda a esquerda, inmediatas e multitudinarias tras a proclamación do 'decreto do plurilingüismo', que reduce o número de horas mínimas en galego en favor do inglés.
Os conservadores aloxáronse de Galicia Bilingüe e adoptaron un perfil baixo nas polémicas sobre o idioma. De cara a campaña, o PPdeG estaría cómodo convertendo á lingua nun tema secundario no debate. Algo que A Mesa pretende evitar con esta nova campaña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.