Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

42 Anakiro

No BNG nunca se assumem as responsabilidades, sempre é tudo culpa dos outros e o vitimismo é a atitude perpétua. Se em vez de defenderem o indefendível, a inocência das suas redes caciquis, se adicassem a botar fora os caciques, outro galo cantaria. A tropa quintanista e o seu projeto de criarem «uma burguesia galega» a base de cacicadas, negócios com mafiosos, e chupas várias, tem feito muito dano não só ao BNG, senão ao galeguismo e à Galiza. Esta gentuça é a que perpetua o PPSOE no poder. Só não estão nesse partido porque lá há muito corrupto a concorrer polo botim. Esta gente não tem nem ética, para ter ainda ideologia. Nojo de gentuça.

1 Xosé Dourado

Os casos de corrupción maiores son de membros da "comunista" UPG: caso Carrumeiro, caso conselleiro Fernando Blanco, caso este de Fernando Varela...Isto é letal para este histórico partido...agora saen subvencións a dedo na Deputación de Lugo para membros da UPG...algo cheira mal...que falen os cidadáns o 21 de Outubro.

41 Alvaro López

Un UPG-Caciques menos para a política...boa nova!! Hahaha

40 Xandokas

O BNG perdeu o norte co "quintanismo" no "bipartito". No BNG ten que continuar a purga. Ainda non se foron todos os que se tiñan que ir.

1 Freijolada

Prefiro perder o norte no BNG que seguir polo sur coa dereita marrulleira e estafadoras dos dereitos do pobo, igual que no 2009 (Feij09)agora debe ser Fij00)

39 País de Náñaras

Esperar que a policia do rexime non rebente as manis do 25S é como esperar que nunhas Eleccións Autonómicas Galegas a dereita non xudicialice a campaña. O esterco que fai medrar o voto do PP é de pozo negro, pero sabe ben o seu conto e así van 21 anos de goberno da dereita española na autonomía galega. O votante de dereita atura ben a corrupción e o clientelismo, o de esquerda trona o luns, trona o martes, trona en terza pero o Domingo de Eleccións deixa gobernar unha vez máis ao PP. Xuntos máis xuntos. Empezamos

38 Autonomia

Deve ser triste estar tão abaixo na hierarquia do PP como para que te mandem trollear nos comentários do GC. Que esperades conseguir? Um postinho de limpa-botas na Deputação? Polo nível dos comentários fica claro que os mais espilidos não são, assim que a muito mais não acho que podam aspirar. Manipular politicamente o poder judicial é a corrupção máxima e a degeneração extrema da democracia. Nem um milhão de Vendex (nome perfeito, quase diria irónico, para uma empresa/trama do PP) seriam pior do que isso.

1 Para flipar

Outro que está na nómina de Vendex

2 Autonomia

Estás enganado. Eu sou pago polo ouro de Lisboa para romper Espanha e destruir o galego. A vossa corrupção espanhola pouco me importa.

3 Autonomia

Como dizia a banda mexicana Molotov: "Si le das más poder al poder, mas duro te van a venir a coger". E já sabemos o que "coger" quer dizer em mexicano. O problema da corrupção magnifica-se exponencialmente com a acumulação de poder. Por isso é importante respeitar a divisão de poderes, a qual não existe no regime espanhol. O PP$O€ é o partido bicéfalo do oligopólio económico (o qual engloba o quarto poder, os media) e, tanto o PSOE como o PP (as duas cabeças do monstro) são conhecidos por manipular o poder judicial segundo os seus interesses (por isso, entre outras cousas, os seus sempre safam do caldeiro). Se a isso somamos que o Senado espanhol mais bem não pinta nada, o que temos é que o poder económico, o político (executivo e legislativo), o poder judicial e os media é tudo a mesma cousa. É a corrupção integral, sistémica.

4 Autonomia

O BNG e Izquierda Unida (como a maior parte dos outros partidos e sindicatos) são duas forças políticas que tentam desesperadamente virar sistémicas, pois é a única maneira que têm de sobreviver no contexto do regime espanhol (que para isso foi concebido). Porém isto é impossível. O sistema utiliza-as quando não tem outra opção, mas a sua tendência natural é excretá-las, polo que ambas as duas sofrem de forma cíclica a tensão dos vectores de fagocitose e excreção/centrifugação que as vão consumindo. Claro que, como entre que o pau vai e vem descansa o lombo, vão colocando a sua gente quando vão podendo. O positivo que têm, dentro da sua impotência congénita, é que quando estão eles a acumulação de poder sistémica é menor, por ser elas, muito ao seu pesar, forças extra-sistémicas.