Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

17 Patriota galego

É a herdanza da tua España, Manolo. Pero tranqui que todo ten arranxo, agora que Catalunya i Euskadi vanse, ides de caralho e a rañala co voso bordel franquista, toureiros, militares fatxas e golpistas, Borbones, Belens Estebanes, curas mantidos, touros de lanceados de Tordesillas e demais fatxerio carpetovetónico.

1 Manolo2

De lo que nos enteramos, va a resultar ahora que Fernando Blanco, Bazarra, Sánchez Vidal, García Mata, Fernando Varela, etc,etc son todos del PP y amantes de los toros.

2 Rañolas

Fáltache engadir: Trincones do Psoe, trincones do BNG, etc...

16 O barón de Ourense

Xa llelo dicía eu a estes carallos da esquerda e aos nacionatas. Si no eres del PP jodeté, jodeté. E mira que llo advertía co trombón ao lombo e nada, eles seguían incordiando e entorpecendo os negocios da xente honrada. No partido preferían amañar isto polas boas, pero os outros puxéronse bravos e houbo que molestar aos xuíces amigos, ou cónxuxes que tamén os temos...

15 El PPresidente

Ya saben, sus señorías del PPoder Jodicial, como el 21-O la gente vote mal, me enchironan a todos los rojeras, ¿estamos? ¿O quieren que se nos colapse el CIXTEC y se les retrase la gestión de sus retribuciones como a los letrados del turno de oficio?

14 Antimafia

O día que todos, independentemente da nosa ideoloxía, denuciemos e censuremos as actitudes corruptas e delictivas, todo nos irá mellor. Os politicos nos son máis ou menos corruptos dependendo do partido no que militen.

1 e1u

home só hai q mirar o número de casos q saen de cada partido... Si, hai certo partido que e corrupto

2 isoldo

O que máis o PSOE (aquel co que pactan certos amigos...), logo moi de perto segue o PP, moi ben situada está CiU, e en proporción ao poder detentado está o BNG, IU, PNV... Non se libra ningún, son dados da Fiscalía. En resumo: o sistema de partidos é corrupto (ou moi mellorabel).

13 ssss

Unha pregunta a GC. este manolo2 esta na vosa plantilla ou cobra do Pp? , xa que mira que ten tempo de abondo pra esbardallar de todo e sobre todo.

1 IBM

É unha grabadora averiada do PP, sempre emitindo a mesma mensaxe. Se fose un ser humano dirialle que o Bloque non ten polo de agora ningún membro condeado pola xustiza. Ao contrario que o PP, varios con tempo na cadea, coma o alcalde do Vicedo.

2 El PPresidente

¡Bah! Un juez que nos salió rana.

3 Manolo2

1. IBM: Fernando Blanco, Bazarra, Sánchez Vidal, García Mata, Fernando Varela...El problema es que la Justicia va un poco lenta...

4 Escéptico

E tanto, Manolo, e tanto. Agustín Hernández, o contrato da autovía da Costa da Morte, Conde Roa, os ladróns do IGAPE, as chourizadas eólicas...