Detido un concelleiro do BNG

Trátase de Fernando Varela que na anterior lexislatura tiña competencias en materia de Tráfico e Policía Local na corporación ourensá. O BNG di que se hai unha imputación terá que "abandonar as súas responsabilidades institucionais"

Por Galicia Confidencial | Ourense | 26/09/2012 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O concelleiro do BNG no Concello de Ourense Fernando Varela Parada foi detido este mércores no marco da 'Operación Pokémon', que investiga unha suposta trama de corrupción e subornos en adxudicacións públicas.

Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG)
Fernando Varela, concelleiro de Ourense (BNG) | Fonte: terraetempo.com

Na lexislatura anterior Fernando Varela, que permanece detido en dependencias policiais en Ourense, foi o concelleiro responsable de Tráfico e Policía Local, con competencias en materia de guindastre municipal e servizo da ORA.

Na corporación actual ten atribuídas competencias na área de deportes, vivenda pública, rehabilitación urbana, autorizacións de actividades deportivas, potestade sancionadora nas actividades referidas a estas materias, contratación e contratación e modificación de carácter menor de acordo co establecido no orzamento e as súas bases de execución.

O BNG, sen datos

Polo momento, o BNG non dispón de informacións sobre os casos nos que estaría implicado Varela e, agardarán a ter máis datos para tomar unha decisión que podería pasar pola demisión de Varela, posto que os nacionalistas abandonaron o goberno municipal tras a negativa de Francisco Rodríguez, tamén implicado nesta operación, a demitir.

"O BNG, e tal e como sempre practicou e defendeu, mesmo cando lle afecte a un membro da nosa organización, manterá a mesma liña de coherencia que vén practicando desde sempre: presunción de inocencia no ámbito persoal, e no ámbito político, de producirse unha imputación, defendemos o abandono das responsabilidades institucionais, e estamos seguros de que él mesmo tomaría esa decisión", apuntan nun comunicado.

Con todo, os nacionalistas aseguran manter "reservas sobre o procedemento xudicial (detención con incomunicación) por o considerar desproporcionado e pouco respeitoso cos dereitos das persoas".

Con esta detención xa son 16 as persoas detidas no marco deste operativo que afecta a cargos do PP, PSOE e BNG, ademais de a funcionarios, policías e empresarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 143 comentarios

7 Miguel

Se se demostra que algún membro do BNG utilizou as institucións para o seu lucro persoal, poden estar seguros todos os comentaristas deste medio de que os máis apesadumados seremos os propios militantes da organización. Con todo, sendo moi desalentados que iso acontecese, non abondaría para desacreditar o noso proxecto nin a nosa traxectoria de compromiso con Galiza. Ogallá o compañeiro sexa inocente, pero se non é así, expulsémolo da organización, colaboremos coa xustiza e adiante co BNG.

1 saña

Estou de acordo contigo Miguel, se esta imputado que dimita XA, e si non quere que o BNG o vote, non hai medias tintas.

2 mk__

Sen entrar na inocencia ou culpabilidade, nen no oportunismo da operación xudicial... o que ti dis que farades é exactamente o mesmo que defendia o PP con Francisco Camps (que por certo un xuiz declarou non culpable, que non é o mesmo que inocente, pero vai por aí).

6 Manolo2

Que pongan una guillotina en la plaza mayor de Orense. No va a dar abasto

1 observador

Só quedará vivo en Ourense Baltar pai e fillo. Os únicos honrados.

2 Manolo2

Ja,ja,ja,ja. Buen chiste. Guillotina sin distinción de partido, please.

5 Manolo2

SINVERGÜENZAS. Estos eran los criticaban merecidamente a Baltar y Cabezas. En cuanto tuvieron poltrona y oportunidad, los Sánchez Vidal, García Mata, Varela, etc,etc,etc... a robar a saco.

1 o padriño

Quen criticaba a Cabezas era Baltar non?, dun día para outro la región comezou a falar do corrupto que era, fotos aéreas do chalete incluido, e ata que marchou non parou...

2 Manolo2

Indudablemente Baltar, a través del panfleto baltarista, donde colaboran distinguidos bloqueiros, era quien estaba detrás del acoso a Cabezas. El motivo no era otro que su creciente popularidad que podía implicar el arrinconamiento de la Famiglia Baltar.

4 observador

A dereita non penaliza a corrupción no seu partido, por iso só hai un partido onde colle todo o mundo, sexa corrupto ou non. Por iso en Ourense hai 4 anos se votou cun número 1 na papeleta que xa dimitira en plena campaña por corrupción. A esquerda penaliza a corrupción, rompe, fragméntase, indígnase, vota en branco ou non vota. Por iso en Ourense o PP gañará e os votantes da esquerda fuxirán do BNG e PSOE. E por iso en Boqueixón o PP terá os mellores resultados da súa historia. E por iso este pais vai como vai, obviamente... porque os políticos só representan ó pobo que os vota.

3 Ghorxa profunda

A miña noraboa ao PP, fixo unha xogada mestra. Algúns ilusos pensaban que ia ser doado botar a Feijóo. Non vou entrar na consistencia das imputacións, pero está claro que houbo unha interesada ghorxa profunda coma no Watergate qur filtrou informacións. Vendex xestións servizos en institucións públicas de todo o estado, polo que se supón que terá as mesmas practicas en todas partes. Ademais vivimos nunha sociedade de corrupción xeralizada. Nembergantes só estoupa aqui e precisamente en plea campaña electoral.

1 Ghorxa profunda

Sabendo que todo esto vai influir na campaña electoral, un non entende como non se aplica o segredo de sumario, mais en plea investigación. Non só eso senon que se pasa a prensa coma La Voz, non só a investigación en curso, senon as próximas investigacións, co cal inclusive obstaculizaría a propia investigación. Cecais sexa o millor, os galegos estamos demasiado afeitos ao masoquismo e non resistiriamos o síndrome de abstinencia. Feijóo for president!

2 Manolo2

Claro hombre, claro, a ti lo que te preocupa es la poltrona. Que haya corrupción o no te trae sin cuidado. Lo que te importa es el cálculo político, porque deber ser de lo que vives.

3 Hai que foderse!

"... porque deber ser de lo que vives". Supoño que será excesivo esperar que saiba diferenciar entre deber de + infinitivo e deber + infinitivo.

4 Manolo2

La UPG contraprogramando

5 jziuxar

Grazas manolo2 polas risas que me boto a túa conta, exemplos coma ti son os que nos dan ese empurrón vital tan necesario nestes tempos, fasnos a tod@s máis intelixentes do que seguramente somos, grazas amig@!