Preto de 300 docentes debaten sobre o contexto ambiental dos espazos educativos

"Ensinar a pensar e a resolver problemas en situacións da vida real" tamén forma parte da "práctica educativa" que levan a cabo os educadores, destacou a conselleira de Educación e Universidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2020 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

Unha xornada de debate e reflexión reúne a preto de 300 docentes en Santiago para analizar o "contexto ambiental" dos espazos educativos e a súa "influencia indiscutible" na aprendizaxe, a creatividade e a diversidade do alumnado galego.

"Ensinar a pensar e a resolver problemas en situacións da vida real" tamén forma parte da "práctica educativa" que levan a cabo os educadores "para mellorar as competencias" dos estudantes, destacou a conselleira de Educación e Universidade, Carmen Pomar, na inauguración do evento.

Por este motivo celébrase este acto que ten como eixo central debater sobre "a intervención nos espazos educativos" de forma que se consideren algo "vivo, flexible, que pode adaptarse ás metodoloxías activas e inclusivas e mesmo provocalas".

Así, o departamento de Pomar explicou que a través de relatorios e talleres, os docentes poden "redeseñar os espazos de aprendizaxe" e trasladar esta posta en común de coñecementos ás súas aulas.

Ademais, a esta iniciativa de debate súmase á propia "transformación de infraestruturas e espazos" que a Consellería leva a cabo no marco do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas, que conta cun orzamento de 200 millóns de euros para os centros escolares desde 2016 a 2021.

Xornada de educación 'A escola é un espazo que fala de ti'. XUNTA
Xornada de educación 'A escola é un espazo que fala de ti'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta