En Marea advirte que o diálogo preelectoral debe ser "horizontal" e entre "iguais"

Villares garante que por En Marea "non vai quedar que haxa un Goberno progresista" en Galicia tras as eleccións autonómicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/02/2020 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A viceportavoz de En Marea, Ana Seijas, confirmou que concorrerán ás eleccións autonómicas deste ano e para iso reiterou a vontade de "diálogo" que manteñen con forzas políticas de carácter soberanista. Iso si, advertiu os acordos deben ser "sempre" nunha "clave de horizontalidade" e en espazos nos que se recoñezan "como iguais".

Así o trasladou na rolda de prensa posterior á celebración este sábado en Santiago do Consello das Mareas, máximo órgano da formación. O seu portavoz, Luís Villares, explicou que esta reunión serviu para "preparar a organización do que está por vir" en Galicia, xa que esta semana se especula cun posible adianto electoral en Galicia se o lehendakari vasco, Iñigo Urkullu, as decide convocar xa para o mes de abril.

Sexan cando sexan os comicios, o portavoz de En Marea recalcou que a "configuración" do seu partido "delimita" as súas posibles alianzas a aquelas forzas "que entenden que o espazo galego é un espazo de decisión" e que teñen a "vontade clara de respectar o ámbito da soberanía" de Galicia.

Neste sentido, Villares xa se manifestou a favor de negociar con Anova e BNG e non con Podemos e Esquerda Unida (EU), partidos que se integraron na marca 'paraugas' de En Marea en sucesivos comicios entre 2015 e 2016. En 2019, esta confluencia terminou por romper.

A pesar desta chamada ao diálogo, a "man tendida" que mantén o BNG non pasa por renunciar ás súas siglas e Anova, aínda que nos últimos días non descartou sumar aos de Villares nas negociacións, mantén contactos con Podemos e EU, os seus socios no Parlamento galego, para reeditar a súa alianza electoral.

"ATENTOS AO RESTO DE ESPAZOS POLÍTICOS"

Ante iso, Ana Seijas afirmou que En Marea "vai concorrer" ás galegas como "forza dialogante": "Se algo nos caracteriza (...) é falar sempre e ter en conta as persoas, pero tamén estar atentos ao resto de espazos políticos":

Ante este escenario de fragmentación, Luís Villares quixo ser "moi claro" ao dicir que, tras a celebración das eleccións galegas, por eles "non vai quedar que haxa un Goberno progresista" en Galicia. "O priotirario é formular unha alternativa a Núñez Feijóo progresista que necesariamente ten que ser cooperativa", engadiu.

Preguntado sobre se a actual situación das forzas de esquerda debilita as posibilidades de desaloxar o PP da Xunta, o xuíz en excedencia cre que "a diversidade no ámbito progresista non é algo que desmobilice, senón todo o contrario", xa que a multitude de ofertas "mobiliza na medida en que cada un pode ver reflectido mellor as súas ansias e imaxe política".

"Galicia chega á modernidade política na que vive tamén o Estado español e Europa co multipartidismo de esquerdas e dereitas", explicou.

Pola súa banda, a recentemente estreada deputada no Grupo Mixto do Pazo do Hórreo e integrante de En Marea Mariló Candedo, tamén presente na rolda de prensa, explicou que no Consello das Mareas deste sábado se debateu un documento que sitúa o partido "onde xa estaba" nos seus comezos: "Nese eixo absolutamente transversal entre o soberanismo e as preocupacións de carácter sociais".

Consello dás Mareas, máximo órgano de dirección de En Marea.. EN MAREA
Consello dás Mareas, máximo órgano de dirección de En Marea.. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Aplicadevos o conto

Pois falade entre microparitdos, Partido Humanista, Anova, Villares, etc. Vós non chegades nin ao nivel de militancia nin de represetación de Terra Galega. Aplicadevos o conto e deixade de amolar pesados

4 Auriense

Votarei por En Marea porque me ofrece a ilusión esquecida e ganas de ser máis galego cada día que pasa.

3 Antolín o dos cubatas

O BNGuai sempre se coloca por riba dos demais a pesar de ser un partido absolutamente marxinal ( pero como conta co apoio de La VOX de Galicia )

1 Alienao

Agora resulta que les a voz dos resíduos, vaite, vaite co Antolín!

2 Sentidiño

Antón Villar Ponte falou de "políticos" fronte a "apostólicos" moito antes dos "imprescindibles" de Bertolt Brecht (VILLAR PONTE, A.: “Resposta a un e a moitos. Dúas crases de galeguistas”, A Nosa Terra, nº 144, 15 xullo 1921). Apostólicos son o BNG, a FLP, o PCI, o PCE,... porque sempre han estar aí. O BNG non é "guai": éche o que hai.

3 Sentidiño

Hoxe no Faro de Vigo: "A paciencia é revolucionaria" https://www.farodevigo.es/opinion/2...

2 Ancoradoiro

Unha noticia interesante: https://www.elcorreogallego.es/gali...

1 Balón

Villares pode reclamar moita horizontalidade, si, logo dos resultados electorais nas xerais de abril, das municipais e das europeas.

1 militante nº 1008

Seres... un-ha maza e un-ha maza e un-ha laranxa e un-ha laranxa... o partido de -Wieiras a nova non e un partido nacionalista e un partido "lerruxista" demagoxico e falsario, a sua identidade e o populismo expañolento "de esquerdas", e todos sabemos que non ha nada mais parecido a un maldito expañol de dereitas que un maldito expañol de esquerdas (SI A UNION DE NACIONALISTAS de marea de bloque e de CxG e independentistas e soberanistas) non a sinvergonzonería de meter os -Wieiristas de polo medio, están nas ultimas viven coma un autentico ente parasitario ... o dito as mazas coas mazas e as laranxas coas laranxas. o 100 % dos militantes nacionalistas rexeitamos totalmente a -Wieiras e os seus espureos intereses que son os de mangonearnos a todos e tomarnos por imbéciles!!!! SABEMOS O QUE FIXECHEDES EN AMIO ARCHITRAIDORES E ARCHIRENEGADOS!!!!

1 1007

Escribir, escribes como un español dos que falas.