Ferido de gravidade o condutor dun camión que envorcou na A-52, á altura de Melón

O vehículo quedou envorcado na mediana, o que obrigou a interromper o tráfico no carril esquerdo, en sentido Benavente.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/05/2024 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido de gravidade tras envorcar o camión que conducía na A-52, ao seu paso pola parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón. Segundo informou o 112, foi un particular o que minutos despois das 18.30 horas deste venres deu a voz de alarma e ata o punto desprazouse o Servizo de Urxencias Sanitaria que indicaron que o ferido estaba atrapado no interior do vehículo.

Así, os profesionais sanitarios, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, atenderon á persoa no punto. Ademais, no operativo tamén participou a Garda Civil, os Bombeiros do Carballiño e o GES de Ribadavia. O vehículo quedou envorcado na mediana, o que obrigou a interromper o tráfico no carril esquerdo, en sentido Benavente.

Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu camión en Melón
Excarcerada unha persoa tras envorcar co seu camión en Melón | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta