Temas: BNG BEATRIZ MATO

A exconselleira Beatriz Mato ficha pola enerxética Greenalia dous meses despois de deixar a política

Será directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC nesta empresa con sede na cidade herculina, dous meses despois de deixar a política. O BNG califica o feito de "pouco presentable".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/02/2020 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

Beatriz Mato, exconselleira de Medio Ambiente no Goberno de Alberto Núñez Feijóo e exconcelleira do PP no Concello da Coruña, fichou por Greenalia e será directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC nesta empresa con sede a cidade herculina.

A exconselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato
A exconselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato | Fonte: Europa Press

Este posto terá, entre as súas principais competencias, a posta en marcha da estratexia de responsabilidade social e implicación coa súa contorna, tanto no ámbito social, ambiental como no bo goberno corporativo.

Mato deixou do Goberno de Feijóo en setembro de 2018 para preparar as eleccións municipais de maio de 2019, en que foi candidata á Alcaldía da Coruña. Tras os comicios, quedou como portavoz do principal grupo da oposición, pero en decembro de 2019 anunciou que deixaba a política.

Dous meses despois daquel anuncio, fichou por esta empresa que se dedica á produción de enerxía independente exclusivamente con tecnoloxías renovables. A empresa iniciou a súa actividade no sector no ano 2006 e actualmente cotiza no BME-MaB (Mercado Alternativo Bolsista) desde decembro de 2017.

A actividade principal da empresa é a xeración e venda de enerxía eléctrica, estando presente en tres tecnoloxía: eólica, solar fotovoltaica e biomasa.

A lei galega que limita as actividades posteriores ao cesamento como membro do Goberno galego sinala que nos dous anos seguintes, os altos cargos non poderán realizar actividades nin prestar servizos en entidades privadas relacionadas con expedientes sobre os cales ditasen resolución no exercicio do cargo.

O BNG CALIFÍCAO DE "POUCO PRESENTABLE"

O portavoz do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, cualificou de "pouco presentable" a incorporación de Beatriz Mato, á empresa Greenalia. Nun comunicado, cuestiona que fiche por unha empresa "do mesmo sector e que opera nun ámbito sobre o cal ela tomou decisións políticas ata moi recentemente", sinala sobre a súa etapa como conselleira.

"Unha compañía, aínda por riba, que ten un proxecto empresarial que en boa parte depende de decisións políticas que se teñen que tomar desde a Xunta de Galicia", afirma Jorquera, quen avanza que o BNG vai investigar se a exconselleira "incorre ou non nun dos supostos de incompatibilidades previstos pola lei".

O portavoz nacionalista mostra tamén certa "perplexidade" polo movemento da exconselleira. "No seu momento, cando anunciou a súa marcha do Concello, desexeille a mellor das sortes na súa andaina persoal e profesional".

"Pero en política non chega con ser unha persoa honrada, tamén hai que parecelo", sostén Jorquera, para quen "é coma se utilizase o Concello da Coruña como estación intermedia para evitar unha imaxe de porta giratoria, para evitar o escándalo de pasar directamente da Consellería de Medio Ambiente a unha empresa do mesmo ámbito".

Temas: BNG BEATRIZ MATO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta