A Xunta adxudica o contrato para elaborar o novo Plan Sectorial Eólico

A UTE Arenal, Territoria e Atalaia Eólico Galicia liderará o proxecto por 544.500 euros para impulsar a enerxía renovable e abaratar o prezo eléctrico.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/08/2025 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía e Industria fixo pública a proposta de adxudicación á Unión Temporal de Empresas (UTE) Arenal, Territoria e Atalaia Eólico Galicia, por un importe de 544.500 euros, do contrato para o apoio na elaboración do novo Plan Sectorial Eólico de Galicia (PSEG), que permitirá ao Goberno galego "seguir avanzando no despregamento desta fonte de enerxía renovable á vez que se abarata o prezo eléctrico para as empresas e consumidores galegos".

Nun comunicado destacan que este obxectivo segue a liña do establecido na Lei de recursos naturais de Galicia. Responde ademais á necesidade de "adaptar a realidade galega ás últimas modificacións lexislativas europeas e dotar, deste xeito, de seguridade xurídica adicional ao desenvolvemento enerxético na comunidade".

Así mesmo, o futuro PSEG revisará e actualizará as actuais áreas de desenvolvemento enerxético coas áreas de desenvolvemento industrial, atendendo tamén ás zonas de protección ambiental e o desenvolvemento urbanístico.

A resolución da adxudicación á UTE Arenal - Territoria - Atalaia Eólico Galicia será firme no prazo de 15 días de non presentarse recurso especial de contratación. Deste xeito, Galicia poderá contar cun novo plan sectorial no prazo de tres anos

Muíños eólicos
Muíños eólicos | Fonte: EDP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta