Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/08/2025 | Actualizada ás 12:37
As pernoctacións hoteleiras creceron en Galicia case un 3,3% en xullo respecto ao mesmo mes do ano anterior ata situarse en 1.325.548, segundo datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Galicia recibiu o pasado mes un total de 635.559 viaxeiros, na súa maioría procedentes de España, 460.844, aos que se sumaron outros 174.716 residentes no estranxeiro. En canto ás pernoctacións, ascenderon a 1.325.548, sendo as correspondentes a residentes en España un total de 1.018.143 e as de persoas residentes no estranxeiro un total de 307.405. A estancia media situouse en 2,09%. Galicia recibiu a case o 5% dos viaxeiros do conxunto estatal.
Igual que no resto do Estado, a comunidade autónoma galega mantén o seu crecemento en canto a visitantes e pernoctaciones igual que ocorreu o pasado mes de xuño en relación ao de 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.