Feijóo censura que o Goberno central non teña "nin unha soa boa noticia" para Galicia en infraestruturas

O presidente da Xunta di que a información en infraestruturas por parte do Executivo estatal é "ben escasa" e "ás veces contraditoria".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/02/2020 | Actualizada ás 16:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, censurou este venres que o Goberno central, que "leva dous anos coa responsabilidade das infraestruturas", non teña "nin unha soa boa noticia" para Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita as instalacións da empresa Irosa
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita as instalacións da empresa Irosa | Fonte: Xunta.

Durante unha visita a Carballeda de Valdeorras (Ourense), o máximo mandatario galego asegurou que a información en infraestruturas por parte do Executivo estatal é "ben escasa" e "ás veces contraditoria".

"Había un compromiso moi claro na circunvalación do Barco, había outro compromiso de seguir esa autovía cara a Monforte pero, lamentablemente, as autovías neste momento en Galicia non gozan do mellor momento", indicou.

Así, denunciou que "está parada" a autovía entre Lugo e Ourense. "E está absolutamente retardada a autovía entre Lugo e Santiago que debería estar rematada en 2021, e doutras autovías que estaban comprometidas tampouco sabemos nada", apuntou.

A iso, engadiu que "tampouco" se "sabe nada" da autovía entre Vigo e O Porriño e que "non hai avances" na que une Ribadeo e Cervo.

"En definitiva, en materia de infraestruturas, de autovías, o goberno actual, que leva dous anos coa responsabilidade das infraestruturas, lamentablemente non creo que teñan nin unha soa boa noticia para Galicia", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta