Os visóns, atración turística

Un grupo de deseñadores de moda visita este venres unha granxa de visóns en Brión.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/10/2012 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Asociación Nacional de Productores de Visón de España organiza este venres a primeira xornada de portas abertas dunha das súas granxas, que está situada en Pedre-Brión.

Gaseando visóns en Carral
Gaseando visóns en Carral | Fonte: www.igualdadanimal.org

A este acto asistirán uns convidados moi especiais; deseñadores de moda, aos que se lle amosará de primeira mán como se cría o visón para “que se familiaricen coa pel como material de traballo”.

Posteriormente, a deseñadora galega Sonia Ríos y el director do estudio de deseño de Kopenhagen Fur, Michael Holm, explicarán aos asistentes “as particularidades do proceso creativo coa pel de visón como materia prima”, segundo a organización.

Protestas

Este acto ten lugar logo da presión de distintos colectivos animalistas contra o sector, algúns dos cales mesmo chegaron a provocar medidas máis contundentes, como a ceiba de miles de exemplares, unha acción considerada delictiva.

visóns engaiolados
visóns engaiolados | Fonte: mascoteros

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Hermerico

E os donos da granja, os visitantes, e os "pobrinhos" trabalhadores nom podiam ficar junto das gaiolas e que alguém inicia-se o sacrifício colectivo accidentalmente?