“A revolta dos chupetes” mobiliza a máis dun milleiro de persoas en Cedeira para pedir un pediatra

Neste concello levan desde o verán sen este profesional, tras negarse a Xunta a repoñer a súa baixa.

Por Galicia Confidencial | Cedeira | 16/02/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Unha nova manifestación nun concello galego --e xa van case un ducia-- pola falta dun servizo básico como é o de Pediatría. Desta volta foron os veciños de Cedeira que saíron a rúa para reclamar a Xunta que necesitan un pediatra tras levar máis de seis meses sen el.

Máis de 1000 manifestantes ateigaron as rúas do concello na manifestación que, partindo ás 12:30 do centro de saúde, concluíu na Praza Roxa, onde se leu o manifesto.

Desde a plataforma "En Cedeira, pediatra xa" destacan a “masiva implicación” da vila na manifestación, que “superou todas as previsións”. “Hoxe demostramos que somos un pobo que sabe respostar ás agresións con firmeza e  unidade”, indican. Os manifestantes reclaman que se envíe un pediatra ao Centro de Saúde xa que teñen que desplazarse a Ferrol para poder atender aos seus fillos.

A revolta dos chupetes non fixo máis que comezar. Logo do respaldo popular acadado hoxe anunciamos novas mobilizacións no entroido, e advertimos de que se non se nos ofrece unha solución intensificaremos as nosas accións, que serán cada vez máis contundentes porque coa saúde das nosas fillas non se xoga”, destacan.

Máis de mil persoas participaron na manifestación de Cedeira para pedir un pediatra
Máis de mil persoas participaron na manifestación de Cedeira para pedir un pediatra | Fonte: Revolta dos chupetes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Paritorio

Non me cabe na cabeza como un espabilao como Feijoo fixo o de Verín e metéuse neste lameiro a uns pocos días dunhas eleccións.