Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 14:56
O III edición da iniciativa 'Descarboniza, que non é pouco' que promoven o Concello compostelán e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), formará aos participantes como "activistas climáticos" para que contribúan á "adaptación" dos seus barrios e comunidades aos impactos do cambio climático que xa sufrimos.
O programa trata de implicar aos asistentes para "descarbonizar" os seus estilos de vida e contribuír á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro mediante diversas sesións formativas. Terán lugar a partir de marzo en oito centros socioculturais da cidade e que se prolongarán ata os meses de maio e xuño.
Diso informou este martes a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, xunto co coordinador do programa e membro do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC, Miguel Pardellas, quen indicou que o programa xa comezou nos centros de Santa Marta e inclúe por primeira vez os de Cardeal Quiroga e Pontepedriña. O investigador da USC sinalou a importancia de conseguir unha continuidade no proxecto non só para "concienciar e sensibilizar" á cidadanía, senón tamén para "poder seguir investigando sobre as estratexias e dispositivos educativos máis efectivos".
Pola súa banda, o técnico especialista en biodiversidade do Concello de Santiago, Ángel Pérez, destacou a "permeabilidade" da iniciativa que favorece "o intercambio de experiencias" entre persoas "de diferentes status e idades". Remarcou que a acción, financiada pola Fundación para a Biodiversidade do Ministerio de Transición Ecolóxica, non vai dirixida a "colectivos concretos" senón aqueles que "non están directamente afectados" as campañas convencionais como poden ser os escolares.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.