Temas: CARBALLO

A Xunta elaborará un estudo con actuacións "inmediatas" para abrir a lagoa de Baldaio e evitar inundacións de casas

Os últimos temporais rexistrados provocaron danos nas reservas de auga da lagoa que implicaron dificultades para o marisqueo nesta zona

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2020 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia adoptou a decisión de elaborar un estudo con "actuacións inmediatas" que permitan abrir a lagoa de Baldaio, no Concello de Carballo, e evitar as posibles inundacións de vivendas nas proximidades deste espazo.

Voluntarios do programa ambiental de Abanca na zona de Baldaio.
Voluntarios do programa ambiental de Abanca na zona de Baldaio.

Representantes da Consellería de Medio Ambiente e da Consellería do Mar mantiveron este martes unha reunión, no seo dunha mesa de traballo conxunta, para abordar esta situación, na que determinaron que, nas próximas xornadas, técnicos de conservación da natureza visiten a zona para obter os últimos datos sobre o estado actual que presenta a lagoa e decidir cales son as medidas inmediatas necesarias para paliar esta situación.

Os últimos temporais rexistrados provocaron danos nas reservas de auga da lagoa que implicaron dificultades para o marisqueo nesta zona. Ante a preocupación trasladada polo sector, a Xunta comprométese a levar a cabo actuacións de "carácter inmediato".

De maneira paralela, a Xunta tamén se compromete a traballar conxuntamente na redacción dun plan que permita conxugar os intereses medioambientais da lagoa cos intereses do sector marisqueiro.

Temas: CARBALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta