Orzamentos

O anteproxecto dos orzamentos do Estado para o 2013 céntranse en profundizar no saneamento da nosa economía para acadar o tan desexado crecemento e, á par, a dinamización do mercado laboral.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 06/10/2012

Comparte esta noticia

Sen dúbida, non son as contas que lle gustaría presentar ó Goberno que capitanea Mariano Rajoy pero son as mellores ás que podemos aspirar dada a situación. Hai que superar, canto antes, esta etapa de recesión. Adicar a cuarta parte dos exiguos cartos dispoñibles a facer fronte ós intereses da débeda (consecuencia directa da herdanza envelenada da que non podemos zafarnos) non deixan moitas opcións.

E nembargantes (e pese a elo, engadiría) o Goberno do Estado non renuncia a cumprir algunas premisas básicas e irrenunciables coma, por exemplo, incrementar, aínda que sexa un chisco, as pensións para garantir así o poder adquisitivo dos xubilados. Que a nosa economía volva a ser competitiva, que nos situemos outra vez na senda do crecemento, e tamén o obxectivo do paquete de medidas anunciado polo Goberno. Son 43 actuacións que, segundo as previsións, estarán activas antes do remate do presente ano, que afectan prácticamente a todos os sectores, dende a formación ó sector primario, pasando pola enerxía, o medio ambiente ou o propio sector público.

Un paquete de medidas que, dentro dos parámetros recomendados pola propia Unión Europea e tendo moi presente as obrigas asumidas por España, moi condicionadas polos obxectivos de déficit, redundan no amplo proceso de reformas no que se afana o Goberno dende o mesmo intre da súa toma de posesión. Todas son importantes e están encamiñadas, como non podería ser doutro xeito, a favorecer a recuperación económica do noso país.

Feito o matiz, quero facer unha especial mención a dúas actuacións que seguen a senda aberta neste eido pola Xunta e que, inmersas no concepto de austeridade, reducen a estructura administrativa e potencian o seu nivel de eficiencia. Refírome, en concreto, á Lei de racionalización e sostenibilidade da administración local, coa que se quere aforrar ás arcas públicas 3.500 millóns de euros e eliminar duplicidades, e á reforma da Lei orgánica de réxime electoral que, entre outros aspectos, reducirá o número de membros das corporacións locais e establecerá os baremos para fixar a remuneración dos alcaldes. Recuperarnos económicamente é o fin de todo o que está a facer o Goberno e para logralo hai que actuar dende todos os ámbitos. O camiño é duro pero estamos na senda correcta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog