O xuíz embarga catro fincas por sospeitar seren de Conde

Por Galicia Confidencial | Mallorca | 08/10/2012 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional embargou catro fincas en Pollença, en Mallorca, á compañía Beteiligung. O xuíz Grande Marlaska sospeita que o dono da empresa é en realidade Mario Conde, que debe 27 millóns aos accionistas de Banesto tras ser condenado por apropiación indebida.

Mario Conde
Mario Conde | Fonte: Paco Gallego

Segundo desvela hoxe Interviú, os inmóbeis inclúen unha mansión ao carón da praia de Çan Botana, unha das máis valoradas no mercado do ladrillo da Illas Baleares.

Conde negouse a abonar esa cantidade aducindo que non tiña máis patrimonio, pero unha sentencia firme do Tribunal Supremo faculta ao xuíz a embargar os bens que sospeita propiedade do hoxe candidato á Xunta por Sociedade Civil y Democracia.

Velaquí a entrevista que o contertulio e agora político concedeu a semana pasada a GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 embargador

Que lle embarguen tamén o reloxio que leva posto, que ten pinta de ser dos bós¡¡¡

5 Roi Xordo

Para Grande Marlaska: se don Mario adebeda 27 millóns de euros (¡¡ahí es nada!!) que non pode pagar por ser insolvente, pero ten alugado un pazo en Galicia, ¿con qué cartos paga tal pazo? ¿El non hai indicios dun delicto de alzamento de bens? Para máis inri tenllo alugado ó sogro de Baltar fillo.

1 un de chaguazoso

E para máis inri ese pazo recibiu unha subvención para ser unha casa de turismo rural, e debería estar no mercado de aluguer turístico non no mercado de aluguer residencial.Se chaman diranlle que teñen todo completo para este fin de semana...

4 Protesto

Pregúntome se Beiras paga a publicidade, estou observando as duas fotos, arriba á dereita e en fin, só vendo as fotos queda claro a quén votaría a xente normal tirando a culta e a quén os "cansflautas" Se por riba os escoitamos falar, os vemos nunha conferencia, lemos un libro de Conde(non os verás na mesa destacada das progrelibrerias galegas) calquera duda quedará disipada. Efectivamente hai que parar a alguns.

3 Adonis

Cómo un home con esas débedas pode presentarse a unhas eleccións?. Somos parvos ou qué?. Mentres non devolva o roubado non debería ter dereito a ser un representante público. E logo dín que non son valorados os políticos con xente como éste.

2 Xanti

Seguro que algún fachilla que aposta polo señor Conde agora sofre por primeira vez como a Xustiza desenpolva do caixón certas investigacións en plena campaña electoral...