En Marea non se presentará ás eleccións tras o anuncio de Villares de retirarse da política

Critican que BNG e Anova non teñan pensado en clave de país para artellar unha coalición nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2020 | Actualizada ás 23:24

Comparte esta noticia



En Marea, cuxos deputados acabaron integrando o Grupo Mixto e que estivo liderada por Luís Villares ata agora, non se presentará ás eleccións tras o anuncio do maxistrado en excedencia, esta mesma semana, de retirarse da política.

A formación política, que se constituíu en partido nas eleccións do 2016 e que foi a marca que unificou tamén aos candidatos de Podemos, Esquerda Unida e Anova nos pasados comicios, bórrase da contenda electoral despois de que, ademais, non fora posible impulsar unha candidatura ampla con forzas progresistas e soberanistas como propuña Villares.

En Marea reuniu este venres ao seu Consello para debater sobre o seu posicionamento electoral e descartou, en primeiro termo, o intento de coalición con formacións políticas como Partido Galeguista ou Compromiso por Galicia.

A decisión de non presentarse, como argumenta nun comunicado tras o Consello, busca "non fragmentar" o voto da esquerda, aínda que lamenta a "falta" de consenso neste ámbito para unha "coalición ampla" e denunciou a "irresponsabilidade das formacións de situar os postos por encima dos intereses de Galicia".

O Consello das Mareas entende que non presentarse a unhas eleccións autonómicas é unha "decisión de risco para unha forza como En Marea", posto que "compromete a finalidade" en si mesma desta formación, pero sostén que se trata dun "exercicio de responsabilidade", aínda que "vaia en contra dos intereses directos" como partido.

"Resulta lamentable que o arco progresista e soberanista galego non fora capaz de porse de acordo en articular unha fórmula que ilusionase a Galicia e fixese real unha opción de cambio no goberno da Xunta", engade o comunicado.

Luís Villares con membros da Coordinadora de En Marea sobre as eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril
Luís Villares con membros da Coordinadora de En Marea sobre as eleccións autonómicas convocadas para o 5 de abril | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Alienao

Pasaron perto de catro anos para intentar unirvos todo o espazo galeguista. Dubido de que a vosa intención, como a de anova e o bng fose situar os intereses da Galiza por enriba dos postos. O que non pode ser, como ven sendo dende 2012 é negociar unha semana antes de cada cita electoral. O de anova, c.a. e a m.a. xa é subordinación colonial. Pero bo, así todos sabemos onde estamos e con quén.

1 Gamela

Outro proxecto político que morre en Galicia ! Alguén sabe cantos proxectos foron eliminados na nosa historia recente ? Podíamos facer memoria e preguntarnos como é posible que tódolos proxectos foran dinamitados dende dentro ? UPG DISOLUCIÓN !!!

1 tamén?

O destes tamén é culpa da upg? jajaj

2 Alienao

O teu coa UPG é coma o dun cativo co seu axóuxere.

3 Geimlelo

Seguro que se segues insistindo nos comentarios deste dixital ao final acaban disolvéndose. Disoluçao disoluçom

4 Gamela

La mano que mece la cuna ! É evidente que detrás de Néstor Rego está Paco Rodríguez do mesmo xeito que detrás de Pablo Casado está Aznar (cesando a Alfonso Alonso e poñendo á cabeza do PP Vasco a alguén dócil como Carlos Iturgaiz) ¿Quen vén sendo Ana Pontón? A nena dos recados da UPG ? http://www.galiciaconfidencial.com/...

5 Sentidiño

Nin nena nin dos recados. É unha militante da upg que os demáis militantes escolleron como cabeza. Que é unha profesional da política? Si, coma Suárez, Anguita, Fraga, Felipe e Guerra, Mitterrand, De Gaulle, Churchill, Hitler, Yolanda Díaz ou Martiño Noriega. Uns regulares e outros nefastos, pero polos seus actos, non por térense dedicado en exclusiva á política. Por certo, ningún deles estudou Ciencias Políticas (nin falta que lles fixo).