Extinguido un incendio forestal orixinado en Portugal e que afectou o Parque Natural do Xurés

Na extinción das chamas traballaron dous helicópteros, un deles con brigada, dous axentes e dúas brigadas de terra, precisou tamén Medio Rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2020 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

Un incendio forestal que se estendeu por Portugal acabou afectando a media hectárea do Parque Natural do Xurés, concretamente ao concello ourensán de Muíños.

Segundo explicou a Consellería de Medio Rural nun comunicado, o lume iniciouse en Portugal ás 13,39 horas deste domingo e extinguiuse sobre as 17,10 horas.

As últimas estimacións do persoal mobilizado estiman que o monte raso galego afectado foi de 0,5 hectáreas da parroquia de Santiago de Requiás.

Na extinción das chamas traballaron dous helicópteros, un deles con brigada, dous axentes e dúas brigadas de terra, precisou tamén Medio Rural.

O mesmo órgano lembra que está a disposición da cidadanía a través do número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Ademais, existe outro número gratuíto e anónimo para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita: 900 815 085.

A Reserva Gerês-Xurés, en Galicia
A Reserva Gerês-Xurés, en Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta