O cura de Xestoso leva o Entroido dentro da igrexa para transmitir que a misa “é algo festivo”

Entende que en “momentos en que as igrexas están medio baleiras, calquera iniciativa pode resultar válida para atraer novamente aos fregueses”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/02/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A parroquia de Xestoso celebrou unha misa coa presenza de asistentes disfrazados en consonacia doas datas de Entroido. “Non celebramos nin unha misa carnavalesca nin pretendemos a canonización do entroido” sinala o párroco Rodríguez Patiño. “Celebramos a ilusión, a alegría e as ganas de vivir”.

Cura de Xestoso na misa con disfraces
Cura de Xestoso na misa con disfraces

O motivo que impulsou esta iniciativa foi “a necesidade de agrupar os residentes nesta zona da comarca de Ferrol”. Así, aproveitando un calendario festivo non ligado ás tradicións cristianas, considerouse como motivo de entretenemento para persoas que ocupan vivendas moi illadas entre elas.

A outra idea subxacente desta misa con disfraces é transimitir que “a misa é algo festivo”, ademais de descartar da mente dos veciños a imaxe de que “Deus castiga”. Tamén nuns momentos en que as igrexas están medio baleiras, calquera iniciativa pode resultar válida para atraer aos feligreses aos templos, ou así o entende o párroco de Xestoso, Luís Rodríguez Patiño, un sacerdote disposto a utilizar todas as innovacións que estean na súa man para que os templos rexistren unha boa entrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta